Taifa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
aumento imaxes
primeiros reinos de taifas tirado da wiki en pt, contrastado coa wiki en esp.
Liña 3:
O termo '''taifa''', no contexto da historia ibérica, refírese a un principado musulmán independente, un emirato ou pequeno reino existente na [[Península Ibérica]] (o [[Al Andalus]]) tras a fin do Califado de Córdoba dos [[Omeias]] en [[1031]]. O termo deriva da expresión árabe ''muluk at-cha'waif'', «os reis das faccións» (simplificada en ''che a'waif'', donde a facción, o reino).
Algunhas das máis coñecidas foron, as taifas de [[Taifa de Zaragoza]], a de [[Taifa de Sevilla]], [[Taifa de Toledo]], [[Taifa de Valencia]] e [[Taifa de Badaxoz]] entre outras.
 
== Primeiros reinos de taifas ==
{{AP|Primeiros reinos de taifas}}
Coa guerra civil no [[Al-Andalus]], desde que o [[califa]] [[Hisham II]] foi obrigado a abdicar en [[1009]] até a abolición formal do califado en [[1031]] sucédense no trono de [[califado de Córdoba|Córdoba]] nove califas, das dinastias omíada e [[hammudidas|hammudida]], no medio dunha anarquáa total que se reflicte na independencia paulatina das taifas de [[taifa de Almería|Almería]], [[Reino de Murcia|Murcia]], [[Alpuente]], [[Arcos de la Frontera|Arcos]], [[taifa de Badaxoz|Badaxoz]], [[Carmona]], [[Taifa de Denia|Denia]], [[Reino de Granada|Granada]], [[Huelva]], [[Taifa de Morón|Morón]], [[Taifa de Silves|Silves]], [[taifa de Toledo|Toledo]], [[Tortosa]], [[Taifa de Valencia|Valencia]] e [[Taifa de Zaragoza|Zaragoza]]. Cando o último califa [[Hisham III]] é deposto e proclamada en [[Córdoba (España)|Córdoba]] a república, todas as ''coras'' (provincias) de [[Al-Andalus]] que aínda non se independentizaran autoproclámanse independentes, rexidas por clans [[árabes]], [[bérberes]] ou [[eslavos]].
 
As razóns encontrábanse en problemas profundos. Por un lado, as loitas polo trono do califado non facían senón reproducir as loitas internas que sempre asolaron o emirato e o califado por causas raciais (árabes, bérberes, muladís ou eslavos, escravos libres de orixe centro-europea ou do norte peninsular). Tamén influían a maior ou menor presenza poboacional mozárabe, a ansia independentista das áreas con maiores recursos económicos, ben como a agobiante presión fiscal necesaria para financiar o custo dos esforzos bélicos.
 
Cada taifa foi identificada ao principio cunha familia, clan ou dinastía. Así xorden a taifa dos [[amirida]] (descendentes de [[Almanzor]]) en Valencia; a dos [[tuyibidas]] en Zaragoza; a dos [[Aftásidas]] en Badaxoz; a dos [[birzalidas]] en [[Carmona]]; a dos [[ziridas]] en Granada; a dos [[hamádidas]] en [[taifa de Alxeciras|Alxeciras]] e [[taifa de Málaga|Málaga]]; e a dos [[abádida]] en [[Sevilla]]. Co paso dos anos, as taifas de [[taifa de Sevilla|Sevilla]] (que conquistara toda a actual Andalucía occidental e parte da oriental), [[taifa de Badaxoz|Badaxoz]], [[taifa de Toledo|Toledo]] e [[Taifa de Zaragoza|Zaragoza]], constituían as potencias islímicas peninsulares.
 
Durante o apoxeo dos reinos de taifas ([[século XI]] e despois a mediados do [[século XII]]), os reis das taifas competiron entre si non soamente militarmente, senón sobre todo en prestixio. Para iso, trataron de patrocinar os máis prestixiosos [[poeta]]s e [[artesán]]s.
 
Con todo, a disgregación do califado en múltiplas taifas -as cales podían subdividirse ou concentrarse co paso do tempo- fixo evidente que soamente un poder político centralizado e unificado podía resistir o avance dos reinos cristiáns do norte. Carecendo das tropas necesarias, as taifas contrataban [[mercenario]]s para loitar contra os seus veciños ou para se opor aos reinos cristiáns do norte. Até mesmo guerreiros cristiáns, como o propio [[Cid]], serviron os reis musulmáns, loitando até mesmo contra outros reis cristiáns. Non obstante, isto non foi suficiente e os reinos cristiáns aproveitarían a división musulmá e a debilidade de cada taifa individual para as someter. Ao princopio o sometemento era unicamente económico, forzando as taifas a pagaren un tributo anual, as chamadas [[parias]], aos monarcas cristiáns. Porén, a conquista de Toledo en [[1085]] por parte de Afonso VI de León e Castela fixo palpábel que a ameaza cristiá podía acabar cos reinos musulmáns da península. Ante tal ameaza, os reis das taifas pedíronlle axuda ao sultán [[almorábide]] do [[África do Norte|norte da África]], [[Yusef Ben Tashfin]], o cal pasou o estreito e non somente derrotou o rei leonés na [[batalla de Zalaca]] ([[1086]]), senón que conquistou progresivamente todas as taifas.
 
=== Relación de taifas do primeiro período ===