Conquista do Imperio Azteca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Carronada (conversa | contribucións)
Liña 3:
A '''Conquista do Imperio Azteca''' fai referencia o conxunto de campañas militares [[España|españolas]] aconteciadas a partires de [[1517]] cuxo obxetivo era a dominación dos territorios controlados polo [[Imperio Azteca]] e dos demais pobos [[Mesoamérica|mesoamericanos]] relacionados con eles; que desembocaría no [[Virreinato de Nueva España]].
==Antecedentes==
No [[1507]] [[Vicente Yañez Pinzón]] bordea a costa de [[América Central]] ata o [[Península dode Iucatán|Iucatán]]. No ano [[1511]], sendo [[Moctezuma II Xocoiotzin]] soberano dos aztecas, unha [[nao]] española naufraga cerca das costas [[Caribe|caribeñas]] do continente e os seus tripulantes son apreixados polos [[Imperio Maia|maias]] do Iucatán. Entre eles áchase [[Xerónimo de Aguilar]], xunto con outro compañeiro, quen máis tarde servirán de intérpretes a [[Hernán Cortés]]. No ano [[1512]] outro suceso semellante ao do ano anterior dá lugar ao apreixamento de varios españois máis, entre eles Gonzalo Guerrero. Permanecerán nos dominios maias ata a chegada de Cortés. Coa chegada do ano [[1517]], parte dende a illa de Cuba unha expedición dirixida por [[Francisco Hernández de Córdoba]], quen logra desembarcar o 4 de marzo no [[Cabo Cachote]] (ou Catoche), pero ante a resistencia férrea dos indíxenas da zona, resulta ferido e vese na obriga de voltar para a [[illa de Cuba]]. No 1518 Xoán de Grixalva explora as costas de México e rodea o Iucatán, navega dende a illa de Cozumel ata o Cabo Roxo na ensenada de Tamiahua e remonta o río que hoxe leva o seu nome ata chegar a San Xoán de Ulúa; o 19 de xuño de mesmo ano bautiza esta poboación baixo o nome de Santa María das Neves, levando a primeira impresión da grandeza de mesoamérica.
 
No mes de febreiro de 1519, Diego Velásquez, gobernador de Cuba, forma unha expedición que parte cara a México comandada por Hernán Cortés. Porén, máis tarde proponse destituílo e, sabedor Cortés disto, decide precipita-los acontecementos saíndo da Habana o 10 de febreiro con 665 homes. Os historiadores xa estimaban unha poboación neste mesmo ano duns 25.000.000 de habitantes mesoamericanos. Tamén neste ano Afonso Álvarez de Pineda viaxa pola costa do Golfo de México dende Florida ata o río Pánuco. Cortés fai a mesma viaxe que Xoán de Grixalva, entra en contacto cos indíxenas, e o 25 de marzo logra vencelos en Tabasco, recibindo en compensación obxectos variados e 20 escravas; entre elas atópase Malinche (ou Malintzin, que máis adiante tamen desempeñará bo oficio como tradutora entre os españois e os aztecas, ademais, segundo outros biógrafos, será a mantida de Cortés). Prosegue viaxe e tras desembarcar na rada do que hoxe é Veracruz, o 21 de abril do mesmo funda a cidade que chamará Vila Rica da Vera Cruz, e así poder obter a independecia de Cuba. Como medida de precaución ante as desercións ou amotinamentos decide afundi-las naves a pique despois de ser queimadas; estando nisto chéganlle noticias de Moctezuma II, quen cre que Cortés é o principal sacerdote tolteca Ceacatl-Quetzalcóatl que volta ao país.
Liña 31:
 
Como xa se dixo, a cidade de Tenochtitlan atopábase en todo o seu apoxeo. Polas rúas, varridas e adornadas con flores e papeis pintados, camiñaban milleiros de persoas e polas augas das súas canles, decoradas con arcos, centos de canoas transportaban multitude de mercadorías. Todos esperaban impacientes a grandiosa festa de entronización de Moctezuma Xocoiotzin, fillo de Axaiacatl, coma o noveno tlatoani (ou o décimo se temos en conta a posible existencia de Tenoch como o primeiro emperador). Era o ano 9 tochtli (segundo o calendario azteca) correspondente ao 1502 para o mundo cristián. A cerimonia foi grandiosa e chea de vistosidade. Os regalos chegados de cada un dos rincóns máis afastados da Tripla Alianza fóronse acumulando. Xades, ouro, pedras preciosas, mantas de algodón, cacao, plumas e tocados fóronse anotando nos libros de contabilidade reais. Todo estaba baixo control. Porén, ao pouco tempo os habitantes da gran cidade da luz comezaron a observar algunhas novidades inquietantes. Moctezuma despediu os antigos serventes e oficiais reais da época de Ahuizotl e mandou traer a varios mozos (a maioría fillos dos señores de México, Texcoco e Tacuba para darlles os postos de goberno máis importantes e cambiou os actos militares polo coñecemento dos cultos relixiosos. Paralelamente, certos fenómenos aparentemente inexplicables viñeron a fomentar aún máis o clima de desconcerto.
 
 
== Véxase tamén ==