Conquista do Imperio Azteca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''Conquista do Imperio Azteca''' fai referencia o conxunto de campañas militares [[España|españolas]] aconteciadas a partires de [[1517]] cuxo obxetivo era a dominación dos territorios controlados polo [[Imperio Azteca]] e dos demais pobos [[Mesoamérica|mesoamericanos]] relacionados con eles; que desembocaría no [[Virreinato de Nueva España]].
==Antecedentes==
Xa no ano 1502 [[Moctezuma II]] é entronizado como dono de [[Tenochtitlan]]. No [[1507]] [[Vicente Yañez Pinzón]] bordea a costa de [[América Central]] ata o [[Península do Iucatán|Iucatán]]. No ano 1511, sendo [[Moctezuma II Xocoiotzin]] donosoberano dos aztecas, unha [[nao]] española naufraga cerca das costas [[Caribe|caribeñas]] do continente e os seus tripulantes son apreixados polos [[Imperio Maia|maias]] do Iucatán. Entre eles áchase [[Xerónimo de Aguilar]], xunto con outro compañeiro, quen máis tarde servirán de intérpretes a [[Hernán Cortés]]. No ano 1512 outro suceso semellante ao do ano anterior dá lugar ao apreixamento de varios españois máis, entre eles Gonzalo Guerrero (que faría de compañeiro do anterior). Permanecerán nos dominios maias ata a chegada de Cortés. Coa chegada do ano [[1517]], parte dende a illa de Cuba unha expedición dirixida por [[Francisco Hernández de Córdoba]], quen logra desembarcar o 4 de marzo no [[Cabo Cachote]] (ou Catoche), pero ante a resistencia férrea dos indíxenas da zona, resulta ferido e vese na obriga de voltar para a [[illa de Cuba]]. No 1518 Xoán de Grixalva explora as costas de México e rodea o Iucatán, navega dende a illa de Cozumel ata o Cabo Roxo na ensenada de Tamiahua e remonta o río que hoxe leva o seu nome ata chegar a San Xoán de Ulúa; o 19 de xuño de mesmo ano bautiza esta poboación baixo o nome de Santa María das Neves, levando a primeira impresión da grandeza de mesoamérica.
 
No mes de febreiro de 1519, Diego Velásquez, gobernador de Cuba, forma unha expedición que parte cara a México comandada por Hernán Cortés. Porén, máis tarde proponse destituílo e, sabedor Cortés disto, decide precipita-los acontecementos saíndo da Habana o 10 de febreiro con 665 homes. Os historiadores xa estimaban unha poboación neste mesmo ano duns 25.000.000 de habitantes mesoamericanos. Tamén neste ano Afonso Álvarez de Pineda viaxa pola costa do Golfo de México dende Florida ata o río Pánuco. Cortés fai a mesma viaxe que Xoán de Grixalva, entra en contacto cos indíxenas, e o 25 de marzo logra vencelos en Tabasco, recibindo en compensación obxectos variados e 20 escravas; entre elas atópase Malinche (ou Malintzin, que máis adiante tamen desempeñará bo oficio como tradutora entre os españois e os aztecas, ademais, segundo outros biógrafos, será a mantida de Cortés). Prosegue viaxe e tras desembarcar na rada do que hoxe é Veracruz, o 21 de abril do mesmo funda a cidade que chamará Vila Rica da Vera Cruz, e así poder obter a independecia de Cuba. Como medida de precaución ante as desercións ou amotinamentos decide afundi-las naves a pique despois de ser queimadas; estando nisto chéganlle noticias de Moctezuma II, quen cre que Cortés é o principal sacerdote tolteca Ceacatl-Quetzalcóatl que volta ao país.