Portable Network Graphics: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: zh:PNG; cambios estética
Liña 3:
'''PNG''' ('''''P'''ortable '''N'''etwork '''G'''raphics'') é un [[Formatos gráficos|formato gráfico]] baseado nun [[algoritmo de compresión sen perda]] para [[bitmap]]s non suxeito a [[patente]]s. Este formato foi desenvolvido en boa parte para liquidar as deficiencias do formato [[GIF]] e permite almacenar imaxes cunha maior profundidade de cor e outros importantes datos. Soporta unha paleta de cores de 16 bits, varios niveis de transparencia e emprega compresión sen perda mediante o formato [[ZIP]]. É un [[estándar]] recomendado polo [[W3C]] e recoñecido como estándar ISO (ISO/IEC 15948:2003).
 
== Historia e desenvolvemento ==
As motivacións para crear o formato PNG xeráronse en [[1995]], despois de que [[Unisys]] anunciase que faría cumprir a patente de software do algoritmo de [[compresión de datos]] [[LZW]] utilizado polo [[GIF]] (patente de EE.UU. 4.558.302 e outras ao redor do globo). Había outros problemas co formato GIF que facían desexable un cambio, por exemplo a súa limitación a paletas de 8 bits de 256 cores como máximo, cando os computadores xa soportaban miles ou millóns de cores.
 
Liña 12:
O PNG gañou maior popularidade en agosto de [[1999]] cando Unisys puxo fin á súa política de licenzas de patente libres de dereitos para os desarrolladores de software libre ou non comercial.
 
=== Versións ===
* A versión 1.0 de PNG foi lanzada o [[1 de xullo]] de [[1996]] e despois apareceu como RFC 2083. Rapidamente converteuse nunha recomendación [[W3C]] o [[1 de outubro]] de [[1996]]
* Versión 1.1 con algúns pequenos cambios e con 3 novas extensións ou "chunks" foi liberada o [[31 de decembro]] de [[1998]]
* Versión 1.2. Nova extensión. Liberada o [[11 de agosto]] de [[1999]]
* Actualmente PNG é un estándar internacional ([[ISO]]/[[IEC]] 15948:2003), tamén recomendado pola W3C o [[10 de novembro]] de [[2003]].
* O estandard a partir de 2004 é (ISO/IEC 15948:2004)
 
== Detalles técnicos ==
 
=== Cabeceira do ficheiro ===
Un arquivo PNG empeza cunha firma de 8 [[byte]]s, os valores en [[código hexadecimal|hexadecimal]] son: 89 50 4E 47 0D 0A 1A 0A.
 
Liña 44:
|}
=== Segmentos do ficheiro ===
 
Logo da cabeceira atopamos unha serie de segmentos dos cales cada un garda certa información acerca da imaxe. Os segmentos se autodeclaran como críticos (''critical'') ou auxiliares (''auxiliary'') de modo que un programa que atope un segmento auxiliar e non o entenda pode ignoralo sen perigo. A estrutura baseada en segmentos está deseñada para poder ampliar o formato PNG mantendo a compatibilidade con versións antigas.
 
=== Seccións esenciais ===
 
Un decodificador debe ser capaz de entender estas seccións para ler e [[Renderización|renderizar]] un PNG:
 
* '''IHDR''': debe ser a primeira sección, contén a cabeceira.
* '''PLTE''': contén a paleta de cores.
* '''IDAT''': contén a imaxe que debe ser dividida en múltiples seccións IDAT.
* '''IEND''': marca o final da imaxe.
 
=== Seccións de metadatos ===
 
Outros atributos que poden ser almacenados nun PNG inclúen valores de [[corrección gamma]], cor de fondo e [[metadatos]]. PNG además tamén emprega a [[corrección de cor]] que usan os [[sistemas de administración de cor]] coma o [[Espacio de cor sRGB|sRGB]].
 
=== Transparencia na imaxe ===
 
PNG ofrece unha gran variedade de opcións de [[transparencia]]. Con [[color verdadeiro]] ou escala de [[gris]]es, incluso un solo [[píxel]] pode ser declarado transparente ou pode engadirse un cale alfa. Para imaxes que usan paletas pódese engadir un cale alfa nas entradas da paleta.
 
== Véxase Tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.libpng.org/pub/png/ PNG (Portable Network Graphics) Home Site]
 
Liña 114:
[[vi:PNG]]
[[yo:Portable Network Graphics]]
[[zh:Portable Network GraphicsPNG]]