Xoana Seymour: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Juana Seymour
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 36:
'''Xoana Seymour''' tamén coñecida como '''Jane Seymour''' ([[1509]] – [[24 de outubro]] de [[1537]]) foi a terceira muller de [[Henrique VIII de Inglaterra]], e nai do futuro rei [[Eduardo VI de Inglaterra|Eduardo VI]]. Finou 12 días despois de concibir ao futuro rei.
 
==Traxectoria==
Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron [[Xoán Seymour]] de Wiltshire e [[Margarida Wentworth]]. Logo de servir coma asistente de [[Catarina de Aragón]] e de [[Ana Bolena]], esposas ambas as dúas de [[Henrique VIII de Inglaterra]], Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de [[Ana Bolena]], de se negar reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora [[Ana Bolena]], non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O desexo do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o [[30 de maio]] de [[1536]], tan só 11 días despois da execución de [[Ana Bolena]] na [[Torre de Londres]]. Decontado, Xoana ficaría grávida.
 
Liña 43 ⟶ 44:
 
Das seis mulleres que tivo o rei [[Henrique VIII]], Xoana Seymour foi considerada polo mesmo rei coma súa "verdadeira" esposa, ao ser a única que lle deu o herdeiro varón que tan desesperadamente desexaba. Tanto era así, que á morte desta a corte ao completo gardou loito durante certo tempo seguindo a orde do rei. E cando Henrique faleceu, sepultárono ao lado de súa esposa, Xoana Seymour, na Capela de San Xurxo sita no [[Castelo de Windsor]].
 
{{sucesión | título = Raíña Consorte de Inglaterra | período = [[1536]] - [[1537]] | predecesor = [[Ana Bolena]] | sucesor = [[Ana de Cleves]]}}
[[Categoría:Reis de Inglaterra|Seymour, Xoana]]