Dinastía almorábide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Ortografía + ligazóns
Penso que queda máis claro dividido, compróbese se está ben feita a división por un especialista; non entendo o 2º parágrafo -os seguidores de quen?-
Liña 5:
Os '''Almorábides''' foron unha confraría relixiosa-militar de [[bérber]]es que defendía a expansión do [[Islam]], tal e como facían os cruzados respecto a relixión cristiá. Eran seguidores de Abdallah ibn Yasin, teólogo do Islam ortodoxo chamado por un dos xefes das tribos bérberes que controlaban o [[Sáhara]] occidental. Os almohades estaban descontentos co fracaso dos almorábides en vigorizar os estados musulmáns na Península Ibérica, os almohades poden ser considerados sucesores dos Almorábides.
 
== Orixes e expansión ==
Os seus seguidores, ao redor do medio do [[século XI]], comezaron a ser coñecidos como ''al-Murabitun'', ou "o pobo da fortaleza" e no Occidente son chamados Almorábides. O seu obxectivo inicial era estabelecer unha comunidade política na cal puidesen ser aplicados os principios islámicos, inclusive sobre a [[jihad]] contra os non-musulmáns. Procuraron impor súa doutrina pola predicación e pola guerra. En [[1055]] conseguiron apoderarse de dous dos máis importantes centros onde se comerciaba o ouro que viña do centro da [[África]] polo deserto do [[Sáhara]], Sijilmasa e Awdaghust/Audagost.
 
Liña 15 ⟶ 16:
Anexaron toda a ''Spania'', o territorio que pertencía a emires musulmáns e formaron un vastísimo Imperio que se estendería desde a África -o Senegal- até o [[río Ebro]], incluíndo todas as fértis terras do sur peninsular. A conquista non foi duradeira, por dificultades económicas, inquedanza social, os ataques ás comunidades cristiá e xudía, que até entón vivían en certa harmonía e até protexidos polos emires. Unha administración feble xerou abusos e, en [[1140]], outros bérberes do norte da África uníronse e declaráronlles á súa vez a guerra aos almorábides, acusados de corrupción e opresión. Eran os fanáticos que ficaron coñecidos como Almohades. Penetraron na península ibérica, sometendo os Almorábides. Soamente cos almohades o comercio andaluz conseguiu expandirse, e a cidade de Sevilla pasaría a ser a capital do mundo islámico no Occidente.
 
== Decadencia ==
Destas loitas se aproveitaron novamente os reis cristiáns para ampliaren os seus estados para o sur. Inicialmente o rei castelán [[Afonso I]] ([[1155]]-[[1214]]) foi vencido polos mouros almohades na [[batalla de Alarcos]] ([[1195]]). Eran anos tan inestábeis que o rei de [[Galiza]] e [[León]], [[[Afonso VIII]] chegou a ser excomungado polo papa por terse unido aos estados musulmáns nas loitas contra os seus inimigos cristiáns.
 
Liña 21 ⟶ 23:
A Spania musulmá fragmentábase agora en numerosos centros políticos de poder coñecidos como reinos taifa, disgregación política e económica que ao longo do tempo foi aproveitada polos estados cristiáns ibéricos para atacar constantemente. Sucesivas conquistas de reis cristiáns acabarían por reducir o outrora rico mundo hispano-musulmán a un só reino, Granada.
 
== Lista de emires ==
A dinastía Almorábide estivo composta por: