La Bañeza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: war:La Bañeza
Xoacas (conversa | contribucións)
m ástures
Liña 1:
'''La Bañeza''' é unha cidade [[España|española]] situada na zona sur da [[provincia de León]], na zona noroccidental da [[comunidade autónoma]] de [[Castela e León]]. Capital da comarca de [[Tierra de La Bañeza]], aos pés da Sierra do [[Teleno]], é tamén cabeza de [[partido xudicial]].
 
Zona de asentamento [[AsturesÁstures|asturástur]], o seu territorio foi parte do [[Conventus Asturum]] durante a dominación [[Imperio romano|romana]]. A poboación xurdiu por orde do [[Gatón del Bierzo|Conde Gatón]] no [[século IX]], a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a [[Idade Moderna]], a finais do [[século XIX]] comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da [[Provincia de León|provincia]].
 
Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como os Entroidos, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales celébrase unha das poucas carreiras urbanas de [[motociclismo]] existentes en [[España]].