Diferenzas entre revisións de «Clima temperado»

m
bot Engadido: el:Εύκρατη ζώνη; cambios estética
Sem resumo de edição
m (bot Engadido: el:Εύκρατη ζώνη; cambios estética)
[[FileFicheiro:World map temperate.svg|thumb|Mapa do mundo coas zonas temperadas marcadas en vermello|thumb|300px]]
Unha rexión que posúe un '''[[clima]] temperado''' ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, cunha media por riba dos 10º °C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18º °C, nos meses fríos. Posúen catro estacións ben definidas: un [[verán]] relativamente quente, un [[outono]] con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un [[inverno]] frío, e unha [[primavera]] con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada.
 
Nas rexións dos [[océano]]s localizadas en rexións de climas temperados, dise que posúen ''augas temperadas''.
 
== Clasificación dos climas temperados ==
Nas siglas indicadas abaixo, a segunda letra indica o padrón de precipitación: ''w'' indica invernos secos (a media do mes máis seco menor que un décimo da precipitación media do mes de verán máis húmido, ou menos de 30 mm); ''s'' indica veráns secos (a media do mes máis seco con menos de 30 mm de precipitación e menos dun terzo da precipitación do mes de inverno máis chuvoso); ''f'' significa precipitación en todas as estacións.
 
A terceira letra indica o nivel de temperaturas de verán: ''a'' indica que a media do mes máis quente é superior a 22 °C; ''b'' indica que a media do mes máis quente é inferior a 22 °C, con polo menos 4 meses con medias por riba de 10 °C; ''c'' indica que 3 ou menos meses teñen temperaturas medias por riba de 10 °C.
 
=== Clima temperado mediterráneo ===
Este clima sitúase entre as latitudes de 30º e 40º °C. O clima mediterránico é o único onde a estación fría está asociada á estación das chuvias. Os invernos están caracterizados por temperaturas mornas, debido ás correntes marítimas quentes. É no inverno cando se observa algún índice de precipitación, mentres que no verán a precipitación é case nula. Os veráns son quentes e secos, debido aos centros barométricos de alta presión. Nas áreas costeiras os veráns son máis frescos debido ás correntes frías do océano.
 
Exemplos:
* Lagos, [[Portugal]]
* [[Madrid]], [[España]]
* [[Roma]], [[Italia]]
* [[Santiago]], [[Chile]] (Csb)
 
=== Subtropical húmido (Cfa, Cwa) ===
É o clima propio do interior de continentes ou nos litorais ao leste de tales continentes, entre latitudes de 25° e 40º. Ao contrario de climas mediterráneos, unha zona cun clima subtropical posúe veráns húmidos dado masas tropicais inestables. No leste [[Asia|asiático]], os invernos poden ser secos e máis fríos que noutros lugares con latitudes similares, debido á alta presión atmosférica de [[Siberia]], e veráns húmidos debido á influencia das [[monzón]]s.
 
Exemplos:
* [[Houston]], [[Texas]] (Cfa - Precipitación uniforme ao longo do ano)
* [[Brisbane]], [[Australia]] (Cfa - Verán máis húmido que o inverno)
* [[Curitiba]], [[Brasil]] (Cfa - Verán máis húmido que o inverno)
* Yalta, [[Ucraína]] (Cfa - Verán máis seco que o inverno)
* Luodian, [[China]] (Cwa)
 
== Clima temperado marítimo ==
 
Os climas temperados marítimos sitúanse entre as latitudes de 45º e 55º. Están normalmente ao lado dos climas mediterráneos. Así e todo en Australia atópase ao lado do subtropical húmido, e a unha latitude máis baixa. Estes climas son dominantes ao longo do ano. Os veráns son frescos e anubados. Os invernos son suaves, ao contrario doutros climas a unha latitude semellante.
 
Exemplos:
* Limoges, [[Francia]] (Precipitación uniforme ao longo do ano)
* Langebaanweg, [[África do Sur]](Verán máis seco que o Inverno)
* Prince Rupert, [[Columbia Británica]], [[Canadá]] (Verán máis seco que o inverno).
 
== Temperado subártico (Cfc) ==
Tal clima acontece máis perto dos polos que os climas temperados marítimos e está limitado ou a estreitos litorais da parte occidental dos continentes ou a illas deses litorais, especialmente no [[Hemisferio]] Norte.
 
Exemplos:
* Punta Arenas, [[Chile]] (precipitación uniforme ao longo do ano)
* Monte Dinero, [[Arxentina]] (verán máis húmido que o inverno)
* Torshavn, [[Illas Faroe]] (verán máis seco que o inverno).
 
[[Categoría:Climatoloxía]]
[[da:Tempereret klima]]
[[de:Gemäßigte Zone]]
[[el:Εύκρατη ζώνη]]
[[en:Temperateness]]
[[eo:Modera klimato]]
76.668

edicións