52.498
edicións
'''Henrique I de Castela''', tamén chamado '''Henrique de Borgoña''', (nado o 14 de abril de 1204 e falecido en [[Palencia]] en 1217).
Fillo menor de [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] e de [[Leonor de Plantagenet]], accedeu ó trono con
A súa minoría de idade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá maior, [[Berenguela de León e Castela|Berenguela]], que residía na corte castelá
A rexencia de Berenguela foi contestada polos [[familia Lara|Lara]], familia de nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde [[Álvaro Núñez de Lara]], negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.
A tutela do conde de Lara produciu
Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con [[Sancha II de León|Sancha]], filla de [[Afonso IX de León]], co que se pretendía unir os reinos de Castela e León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a [[Fernando III o Santo|Fernando]], fillo de Berenguela e do propio rei leonés.
Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.
Á súa morte
== Notas ==
|
edicións