Diferenzas entre revisións de «Henrique I de Castela»

sen resumo de edición
m
Fillo menor de [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] e de [[Leonor de Plantagenet]], accedeu ó trono con 10 anos ó morrer os seus seis irmáns varóns.
 
A súa minoría de idade supuxo a apertura dun periodoperíodo de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá maior, [[Berenguela de León e Castela|Berenguela]], que residía na corte castelá tralo anulamento do seu matrimonio con [[Afonso IX de León]] polo papa [[Inocencio III]] en 1204.
 
A rexencia de Berenguela foi contestada polos [[familia Lara|Lara]], familia de nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde [[Álvaro Núñez de Lara]], negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.
52.498

edicións