Excreción: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Excreţie; cambios estética
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''excreción''' é o proceso biolóxico polo que un [[animal]] elimina do seu [[organismo]] as substancias tóxicas, adquiridas pola alimentación ou o metabolismo. En organismos unicelulares e animais moi pequenos a excreción é un proceso celular que non require estruturas especializadas. En organismos con células dotadas de [[parede celular|parede]], como [[Plantae|plantas]] e [[Fungi|fungos]], os refugallos acostuman incorporarse á composición da parede, quedando así fora do medio fisioloxicamente activo onde importa a súa toxicidade.
 
As substancias que se deben eliminar son enormemente variadas, pero as máis abondosas son derivados do nitróxeno que se producen por alteración de grupos [[amino]] resultantes do [[catabolismo]] (degradación) das proteínas. A substancia elexidaelixida acostuma ser:
 
- O '''[[amoníaco]]''': é excretado por invertebrados acuáticos, peixes óseos e larvas de anfibios. É moi tóxico pero, pola súa gran solubilidade e difusión, a auga circundante dilúeo e arrástrao con rapidez.
Liña 13:
Nos mamíferos, por exemplo, os dous procesos excretores esenciais son a formación de ouriños nos [[ril]]es e a eliminación de [[dióxido de carbono]] nos [[pulmón]]s. Estes refugallos elimínanse por [[micción]] e [[respiración]] respectivamente. Tamén a pel e o fígado interveñen na elaboración ou excreción de substancias tóxicas. A pel intervén a través da [[transpiración]], expulsando [[sal]] e [[auga]].
 
Nos artrópodos terrestres os órganos excretores acostuman desembocar ao principio do intestino, co que os produtos de excreción incorporanseincorpóranse ás feces. Porén, nos mamíferos, como o ser humano, só o fígado verte substancias de excreción ao intestino. Destas, só os derivados do grupo hemo sanguíneo, como a bilirrubina, incorpóranse de maneira significativa ás feces, sendo a maioría reabsorbidas ao torrente sanguíneo e eliminadas finalmente polos riles.
 
A diferenza dos ouriños, non se expulsa materia de refugallo do torrente [[sangue|sanguíneo]] e non é parte dun proceso [[metabolismo|metabólico]].
 
== Véxase tamén ==
* [[Ril]].
* [[Dixestión]].
* [[Respiración]].
* [[Circulación sanguínea]].
 
[[Categoría:Fisioloxía]]