Thomas Tallis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m traduzo e adapto de en.wiki e es.wiki
 
m de pt.wiki
Liña 3:
==Traxectoria==
Comezou a súa carreira como músico de [[igrexa]] no [[século XVI]]. Ocupa un lugar preponderante en [[antoloxía]]s de música [[Relixión|relixiosa]] inglesa, e é considerado como un dos mellores no xénero así como tamén un dos mellores compositores da súa época<ref>Farrell, J: Latin Language and Latin Culture: From Ancient to Modern Times, page 125. New York Cambridge University Press, 2001.</ref>.
 
A carreira musical de Thomas Tallis atravesou os reinados de catro reis ingleses: [[Henrique VIII]], [[Eduardo VI]], María ([[Catolicismo|católica]]) e Sabela ([[Protestantismo|protestante]]). O período viviu grandes mudanzas na vida relixiosa e no estilo composicional. Boa parte da produción de Tallis foi eclesiástica, aínda que escribise algunhas obras seculares. A súa flexibilidade como compositor certamente garantiu a súa permanencia como figura de proa da música inglesa.
 
Tallis estudou música na Igrexa pre-Reforma. Con todo foi requisitado por diversos gobernantes para compor músicas tanto para o servizo [[Anglicanismo|anglicano]] como católico, ambas as dúas de gran calidade. Criado preto de [[Canterbury]], os compromisos pronto o levarían a Londres. Tallis era un recoñecido [[Órgano|organista]], mais pouco hai hoxe de súas pezas para teclado. Datar súas obras é difícil, sobre todo porque el ocasionamente retraballou músicas vellas para un novo proxecto. Coñecido polas floreadas obras en [[lingua latina|latín]], a súa música anglicana, máis simple, é tan elaborada como agradábel de tocar.
 
Entre súas obras máis famosas están: O ''Nata Lux de Lumine'', ''If Ye Love Me'', ''Lamentations of Jeremiah'', ''Spem in Alium Nunquam Habui'' e ''Laudate Dominum''.
 
==Notas==