Conquista do Imperio Azteca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Ligazóns internas}}
 
A '''Conquista do Imperio Azteca''' fai referencia o conxunto de campañas militares [[España|españolas]] aconteciadas a partires de [[1517]] cuxo obxetivo era a dominación dos territorios controlados polo [[Imperio Azteca]] e dos demais pobos [[Mesoamérica|mesoamericanos]] relacionados con eles. E que desembocaría no [[Virreinato de Nueva España]].
==Chegan os Españois (A Conquista)==
Xa no ano 1502 [[Moctezuma II]] é entronizado como dono de [[Tenochtitlan]]. No [[1507]] [[Vicente Yañez Pinzón]] bordea a costa de América Central ata o Iucatán. No ano 1511, sendo Moctezuma II Xocoiotzin dono dos aztecas, unha nao española naufraga cerca das costas caribeñas e os seus tripulantes son apreixados polos maias do Iucatán. Entre eles áchase Xerónimo de Aguilar, xunto con outro compañeiro, quen máis tarde servirán de intérpretes a Cortés. No ano 1512 outro suceso semellante ao do ano anterior dá lugar ao apreixamento de varios españois máis, entre eles Gonzalo Guerrero (que faría de compañeiro do anterior). Permanecerán nos dominios maias ata a chegada de Cortés. Coa chegada do ano 1517, parte dende a illa de Cuba unha expedición dirixida por Francisco Hernández de Córdoba, quen logra desembarcar o 4 de marzo no Cabo Cachote (ou Catoche), pero ante a resistencia férrea dos indíxenas da zona, resulta ferido e vese na obriga de voltar para a illa de Cuba. No 1518 Xoán de Grixalva explora as costas de México e rodea o Iucatán, navega dende a illa de Cozumel ata o Cabo Roxo na ensenada de Tamiahua e remonta o río que hoxe leva o seu nome ata chegar a San Xoán de Ulúa; o 19 de xuño de mesmo ano bautiza esta poboación baixo o nome de Santa María das Neves, levando a primeira impresión da grandeza de mesoamérica.