Sistema renina-anxiotensina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O sistema '''sistema renina-anxiotensina''' é un sistema de control da presión arterial.

O sistema componse de:
* Renina
* Anxiotensina I, II e III
Liña 5 ⟶ 7:
* Enzima conversora da anxiotensina (ECA)
 
O seu obxectivo é o de aumentar a presión arterial en caso de que esta estea baixa. A presión baixa é detectada pola mácula densa (unha estrutura do [[ril]]). A activación da mácula densa provoca que as células iustaglomerulares secreten renina. Esta enzima só ten un substrato, o '''anxiotensinóxeno'''. A renina rompe parcialmente ao anxiotensinóxeno producindo '''anxiotensina I'''. A anxiotensina I é un péptido pouco activo. É fragmentado pola '''enzima conversora da anxiotensina''' en varios tecidos, sobre todo pulmóns, pero tamén en neurohipófise, glándulas suprarrenais, bazo e endotelio entre outros. O produto será a '''anxiotensina II'''. A anxiotensina II pode ser convertida en anxiotensina III por acción dunha aminopeptidasa.
 
== Funcións ==
Tanto a anxiotensina I como a II son péptidos activos. Únense ao seu receptor específico e activan o ciclo do fasfatidil-inositol, producindo inositoltrifosfato e diacilglicérido. O inositoltrifosfato permite a saída de calcio do retículo endoplásmico. A mobilización do calcio favorece a liberación de aldosterona dende o hipotálamo. A aldosterona activa unha serie de proteínas renais, IAPs, proteínas inducidas por aldosterona. Estas favorecen a reabsorción de sodio nos tubos proximais do ril. A reentrada de Na arrastra a agua, incrementando o volume circulante e a presión arterial. A propia anxiotensina ten efecto vasocontritorvasoconstritor a nivel sistémico.
 
== Regulación ==
Dous grupos de sinais regulan este complexo sistema:
* '''Activan o sistema:'''
** Hiponatremia (baixo nivel de sodio en sangue).
** Volume circulante baixo.
** Prostaglandinas e outras substancias vasodilatadoras.
** GTP, que estimula a renina.
* '''Inhiben o sistema:'''
** AMP cíclico.
** Péptido natdiurético atrial, asi como outros péptidos diuréticos.
** Descarga β-adrenérxica, que inhibe a liberación de renina.
** NO.
** A propia anxiotensina II inhibe a renina por retroalimentación negativa.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición.
 
== Textos de consulta ==
* Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición
[[Categoría:Nefroloxía]]
[[Categoría:Endocrinoloxía]]