Primeira guerra púnica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 46:
En [[-256]] unha gran forza con preto de 330 barcos foi montada so o mando dos cónsules [[Marco Atilio Régulo]] e [[Lucio Manlio Vulso]] para invadir o Norte de [[África]]. Cartago, consciente desta ameaza, enviou a súa frota para impedir o ataque. Os xenerais Hannón e [[Hamílcar]] (coñecidos polas súas accións en Agrigentum e Paropus) foron postos ao mando da frota de Cartago. Cando esas dúas forzas se enfrontaron ao sueste de Sicilia na [[batalla de Ecnomo]], a maior batalla naval da antigüidade, a frota romana saíu vitoriosa, puidendo seguir para atacaren os territorios de Cartago na África.
 
=== Combates enna África ===
 
Trala batalla gran parte da forza romana volveu con Lucio para Roma ou para Sicilia, deixando a Régulo con 15 mil homes enna África. Régulo avanzou atacando cidades menores. Cartago mandou un exército para afrontalo cando cercaba [[Adys]]. A [[batalla de Adys]] foi gañada polos romanos, o que fixo que Cartago intentasetentase un acordo de paz cos invasores. Porén as condicións impostas polos romanos foron tan severas que o acordo non foi concretado.
 
Sen acordo Cartago contratou o xeneral mercenario [[Esparta|espartano]] [[Xantipo]] para organizar a súa defensa contra as [[lexións romanas]]. Xantipo enfrontouse a Régulo na [[batalla de Tunis]], onde os romanos sufriron unha pesada derrota.
 
=== As tempestades de [[-255]] e [[-253]] ===