Franquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Carronada (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Spain final-guerra-civil.jpg|thumb|right|Parte Oficial de Guerra asinado polo xeneral Franco.]]
Acabada a [[Guerra Civil Española]] coa vitoria dos autodenominados ''nacionais'', Franco pasou a ser a cabeza do Estado, proclamándose ''Caudillo de España pola graza de Deus''. Nos primeiros anos, o réxime franquista levou a cabo unha forte [[represión política|represión]] contra os adversarios, a súa función era fundamental para paralizar o inimigo polo terror e estaba alentada polos máximos dirixentes<ref>Josep Fontana (ed.) ''op. cit.'' páxina 18</ref>, deu apoio a [[Hitler]] e a [[Mussolini]] (quen o apoiaran na guerra civil) e practicou unha política [[Economía|económica]] [[autarquía|autárquica]]. Máis adiante, máis dunha década despois, o réxime estableceu contactos cos [[Estados Unidos]] e cambiou a política económica. Nos [[anos 60]] produciuse un incremento notable en comparanza cos niveis mínimos da última época do nivel de vida da poboación en xeral (propiciado polo ''desenvolventismo'' económico), se ben o nivel de liberdade persoal e política non aumentou consecuentemente.