Thurston Moore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 25:
 
=== Traballo en solitario ===
Aparte do seu traballo en [[Sonic Youth]], Moore tamén editou álbums en solitario. Colaborou ademais con varios artistas como My Cat is an Alien, DJ Spooky, Nels Cline, William Hooker, Christian Marclay, Loren Mazzacane Connors, [[R.E.M.]], Cock E.S.P., e Mike Watt. A mediados dos 90 Moore formou un proxecto paralelo, The Dim Stars, coa lenda do punk Richard Hell. Dende o [[2004]], Moore gravoi e actuou coa banda de noise To Live and Shave in L.A., que tiña a Andrew W.K. na súa formación. Gravou coa banda no antigo estudio de [[Sonic Youth]] en Manhattan, e posteriormente actuou con eles no concerto ''Noise Against Fascism'' contra Bush, en Washington, D.C.
 
No [[2004]] a revista Rolling Stone clasificou a Moore e a [[Lee Ranaldo]], tamén de [[Sonic Youth]], como os 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos. A súa forma de tocar é moi innovadora e ambolosdous usan unha grande variedade de técnicas.
Liña 31:
Aparte do seu traballo cmo músico Moore leva o selo independente Ecstatic Peace! e colabora na revista musical Arthur Magazine. Tamén se encarga da web [http://www.protest-records.com Protest Records], chamada así porque denuncia as leis de piratería na música. En maio do [[2005]] editou o libro ''Mix Tape: The Art of Cassette Culture''.
 
O [[18 de setembro]] do [[2007]] Moore editou o seu segundo álbum en solitario, ''Trees Outside the Academy'', através do seu propio selo [[Ecstatic Peace!]]. O traballo foi gravado no estudio do líder de [[Dinosaur Jr.]] [[J Mascis]] en Amherst, [[Massachusetts]].
 
[[Ficheiro:Guitarras Thurston e Kim.jpg|thumb|left|225px|Guitarras usadas por thurstonThurston e Kim Gordon en directo]]
== Equipamento ==
Moore é coñecido por usar unha grande variedade de guitarras [[Fender]] durante os seus concertos. Principalmente toca a [[Fender Jazzmaster|Jazzmaster]] con varios tipos de amplificadores entre os que destacan Vox AC30, Peaveys e Fenders. Tamén usa, con menos frecuencia, unha [[Fender Jaguar|Jaguar]] e unha moi modificada [[Fender Mustang|Mustang]] con tres pastillas sinxelas.