Gaita escocesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Annotated stand of great highland bagpipe.jpg|thumb|250px|1) punteiro
2) fol
3) [[buxa]]s
4) punteiro
5) bordóns tenores
6) bordón baixo ([[ronco]])
7) [[espigo]]s
8) farrapos]]
[[Ficheiro:Golowan_Festival_Penzance_June_2005_Mid-Argyl_band2.jpg|thumb|left|250px]]

A '''gaita das Highlands''' ou [[Highlands|Terras Altas escocesas]], tamén chamada '''gaita escocesa''', é un dos tipos de [[gaita]] máis coñecidos. Alén da fama, está entre as gaitas tradicionais máis potentes, senón a de potencia sonora maior.

==Características==
Consiste nun [[fol]], un [[punteiro]], un [[soprete]], dous [[bordón]]s [[tenor]]es e outro [[baixo (música)|baixo]]. A escala do punteiro está aproximadamente en [[modo mixolídio]] cun rango desde un grao máis baixo que a tónica até unha oitava por riba dela (Sol baixo, La baixo, Si, Do#, Re, Mi, Fa#, Sol alto e La alto; os gaiteiros tratan a gaita como un [[transpositor|instrumento transpositor]] e omiten os sostidos). Os dous bordóns tenores son unha oitava máis baixos que a tónica (La baixo) do punteiro e o bordón baixo está dúas oitavas máis abaixo. Realmente, este "La" da gaita das Highlands é en realidade un pouco máis sostido que Si bemol (arredor de 480 Hz), e parece que se fai cada vez máis sostido entre as bandas de competición. Na última década, a gaita viu a aparición de novos materiais, como [[palleta]]s e bolsas sintéticas, que se comportan mellor coa humidade que os materiais tradicionais.

==Terminoloxía==
[[Ficheiro:Golowan_Festival_Penzance_June_2005_Mid-Argyl_band2.jpg|thumb|leftright|250px]]
Apesar de ser extremamente popular, o termo gaita escocesa é considerado, ao mínimo, impreciso. Hai na Escocia innúmeras outras gaitas para alén da gaita das Highlands, como a [[smallpipe escocesa]], a [[gaita das Bordas]], a [[shuttle pipe]] e a [[parlour pipe]], para alén doutras [[smallpipe]]s.

Liña 14:
A gaita das Highlandas conservou a súa popularidade a partir do período [[barroco]], e non decaíu como lles sucedeu a outras gaitas, en boa parte porque foi incorporada como instrumento militar polos propios reximentos ingleses xa a partir do [[século XVII]]. O movemento [[romántico]], coas súas pretensión de retomar un pasado tradicional e idílico ao modo burgués, encontrou un forte apelo na cultura escocesa. Coa creación do [[Imperio Británico]], o instrumento diseminouse polo planeta, até atoparse hoxe en día en rexións sorprendentes, como por exemplo o [[Oriente Medio]] e o [[Caribe]], en antigas colonias británicas. Após as duas guerras mundiais, eventos nos que se utilizaran pola última vez os gaiteiros no fronte de batalla da forma "clásica", sentiuse a necessidade de atrair os xoves para a formación de novos gaiteiros. Así, formalizáronse as bandas reximentais (pipe bands) e iniciáronse os primeiros campeonatos oficiais entre bandas, todo sob a éxida de estatutos controlados por un consello oficial.

==En Galiza==

En Galiza utilízase unha gaita moi semellante, tamén afinada en Si bemol, que se chama '''gaita de banda''' ou '''gaita marcial''' e cuxos bordóns tamén se botan por riba do ombreiro. Moitos gaiteiros "tradicionais" critican tanto a existencia desta gaita como de bandas de gaitas e a súa música.

[[Categoría:Gaitas]]