Praia de Samil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m {{Lp Navia}}
contraccións; retiro cursivas improcedentes
Liña 1:
[[Ficheiro:Samil.JPG|thumb|right|Praia de Samil.]]
 
A '''praia de Samil''' é un areal [[Vigo|vigués]], na parroquia de [[Navia, Vigo|Navia]], que conta cunha lonxitude aproximada tres [[quilómetro]]s. Limita coa [[praia de Ada Fonte]] ([[Alcabre, Vigo|Alcabre]]) polo norte e coa desembocadura do [[río Lagares]] polo sur.
 
O areal está dividido en dúas partes diferenciadas ao norte e ao sur por un grupo de rochas que quedan unidas á terra na baixamar formando un tombo. Estas rochas reciben o nome de ''Asdas Queimadas''. A metade norte recibe o nome de ''praia do Laxón'', ''praia da Laxe'' ou ''praia Azul''. A metade sur recibe o nome de praia de Samil por estar situada en fronte do barrio do mesmo nome. O extremo sur do areal, na desembocadura do [[río Lagares]], recibe o nome de ''Ada Foz'', ''A Fox'' ou ''[[Cabo da Vella]]''.
 
Trátase dunha das principais [[praia]]s da cidade debido ó seu atractivo turístico e ó seu complexo recreativo, no que destacan [[café|cafetarías]], [[piscina]]s, canchas de [[baloncesto]], circuíto de coches teledirixidos, paseo, zonas verdes, aparcadoiros, pista de patinaxe, ''[[half-pipe]]'', etc.