Terceira Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14:
O II Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] entre o [[19 de xullo]] e o [[7 de agosto]] de [[1920]]. É o momento do fin da [[Guerra Civil Rusa]] e tamén o momento en que a axitación revolucionaria se estende rapidamente por [[Alemaña]]. Neste Congreso insístese na necesidade de adoptar e propagar o sistema de sovietes, e acórdanse as denominadas [[21 Condicións]] para o ingreso na Komintern diante das numerosas organizacións socialdemócratas que solicitaran a adhesión.
 
O III Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o [[22 de xuño]] e o [[12 de xullo]] de [[1921]] novamente en [[Moscova]]. Nel combatéronse as posturas ultraesquerdistas dalgúns partidos comunistas como o [[Partido Comunista Alemánde Alemaña]] (KPD) alemán tras o fracaso do [[Levantamento Espartaquista]] e recoñeceuse que a situación mundial tiña mudado na medida en que as revolucións comunistas só triunfaran no Imperio Ruso e fracasaran en Alemaña e en Polonia. Ademais, tratouse especificamente a necesidade de incorporar as mulleres traballadoras ó movemento comunista.
 
O IV Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o [[30 de novembro]] e o [[5 de decembro]] de [[1922]] en [[Moscova]], incidindo nas tácticas da chamada "fronte única" e tratándose a situación da raza negra e o traballo dos comunistas nos sindicatos. Ademais, trátase a situación dos comunistas en Asia e o Pacífico, e decrétase a incompatibilidade entre a pertenza á masonería e a pertenza a un partido comunista.<ref>[http://tristan.u-bourgogne.fr/UMR5605/publications/histoireenrevolution/histoireenrevolution.pdf Une histoire en révolution? Du bon usage des archives de Moscou et d'ailleurs, baixo dirección de Serge Wolikow] (en [[lingua francesa|francés]])</ref>