Día da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tt:Җир көне; cambios estética
→‎Historia: foto á der
Liña 11:
== Historia ==
As orixes da celebración remóntanse ó nacemento do [[movemento ecoloxista]] de finais da década de 1960 e comezos da seguinte. O primeiro que aparentemente concibiu a idea dunha festa denominada ''Día da Terra'' foi o asesor do presidente [[John F. Kennedy]], [[Frederick G. Dutton]], pero [[John McConnell]] tamén aparece xeralmente nas crónicas dos primeiros tempos como introdutor da idea dunha festa de carácter global nunha conferencia da [[Unesco]] celebrada en [[1969]].
Ese mesmo ano o senador por [[Wisconsin]] [[Gaylord Nelson]], preocupado pola degradación ambiental, animaría os estudantes a unirseunírense na que sería a primeira protesta ecoloxista de importancia nacional nos [[Estados Unidos]] co obxectivo de intentar establecer a problemática ambiental na axenda política americana. Tería lugar o [[22 de abril]] do ano seguinte cun éxito enorme que conseguiu mobilizar uns vinte millóns de americanos en toda a nación, dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e numerosas organizacións. Foi a primeira vez que se celebraba realmente en América o Día da Terra. Como consecuencia desta mobilización nacional en torno a un día de reivindicación ecoloxista, o senador Nelson puido abandeirar a creación da [[Axencia de Protección do Ambiente dos Estados Unidos]] (EPA) e conseguir que se aprobase lexislación ambiental duradeira, coma a Lei do Aire Limpo, e leis para protexer a auga potable (Lei da Auga Limpa), as especies animais en perigo de extinción (Lei das Especies en Perigo), e os mares. A data do 22 de abril segue sendo a celebración máis popular do Día da Terra nos Estados Unidos e fíxose tamén popular noutros moitos países.
[[Ficheiro:Ozomatli.jpg|thumb|200px|leftdereita|[[Ozomatli]] actuando nos concertos do Earth Day en [[Nova York]]., 20 de abril dode 2007]]
 
A primeira proclamación oficial do Día da Terra tivera lugar, non obstante, un mes antes, o [[21 de marzo]] de [[1970]], en [[San Francisco]], polo daquela alcalde da cidade [[Joseph Alioto]]. Un ano máis tarde, o 21 de marzo de 1971, o Secretario Xeral das Nacións Unidas [[U Thant]] apoiaría a iniciativa de celebrar o acontecemento do [[equinoccio]] anual que marca o inicio da primavera no hemisferio norte e do outono no hemisferio sur como ''Día Internacional da Terra''. A cerimonia de tocar a campá da paz con que o [[Xapón]] agasallara as Nacións Unidas continuou celebrándose ano tras ano ata a actualidade no momento exacto do equinoccio.
 
O [[activismo]] e o [[ecoloxismo|pensamento ecoloxista]] coñeceron un grande impulso a raíz das primeiras celebracións do Día da Terra. Tanto o [[conservacionismo]] preexistente como o relativamente novo e radical movemento ecoloxista encontrarían na celebración desta festa unha palestra inigualable para expandir a súa ideoloxía e promover cambios políticos.