José Ramón Rodil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:José Ramón Rodil
Beninho (conversa | contribucións)
m virrei > vicerrei
Liña 2:
[[Ficheiro:Rodil-galeria.jpg|200px|right|thumb]]
 
Tras participar na [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]], seguiu a súa carreira de militar, e foi destinado a [[Perú]] en [[1817]]. Gobernador de El Callao, non aceptou a capitulación española e distinguiuse na defensa da praza, asediada polos independentistas. Voltou a España e serviu a [[Isabel II de España|Isabel II]]. En [[1834]] pasou a [[Portugal]] con 15.000 homes, co fin de lograr a expulsión de aquel país do infante Carlos. En xuño recibiu o mando do exército do Norte, que ostentou soamente uns meses. Foi Ministro da Guerra no goberno de [[Juan Álvarez Mendizábal|Mendizábal]] e [[José María Calatrava|Calatrava]] no ano [[1836]], e durante a rexencia de [[Baldomero Espartero|Espartero]], presidente do [[Presidente do Goberno de España|Consello de Ministros]] dende [[1842]] a [[1843]], cargo do que foi obrigado a dimitir. Posteriormente foi virreivicerrei de [[Navarra]] e capitán xeral doutras diversas rexións.