Juan Antonio Samaranch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
=== Presidencia do COI ===
Entre os seus logros está o de rematar cos boicots políticos aos xogos tras os [[Xogos Olímpicos de 1984]], a asunción do profesionalismo, a reestruturación do COI e sanear a economía do COI, grazas aos contratos da televisión e o sistema de patrocinio olímpico. Durante o seu mandato tamén se inaugurou o [[Museo Olímpico de Lausana]].Pero tamén recibiu críticas de atletas, políticos e sobre todo do xornalista británico [[Andrew Jennings]] pola súa colaboración co réxime de [[Francisco Franco|Franco]], acusándoo de autocrático e intolerante coas críticas.
 
Así mesmo, durante o seu mandato o [[movemento olímpico]] asumiu plenamente o profesionalismo dentro do deporte, e permitiuse a participación de atletas profesionais en distintas especialidades, como xogadores de [[baloncesto]]. Aumentou grandemente o número de países e deportistas participantes, e comezou o combate contra a [[dopaxe]] e contra a [[corrupción]] dentro do COI, destapada logo da crise desencadeada coa elección de [[Salt Lake City]] como sé dos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2002|Xogos de inverno de 2002]]. Renunciou ao cargo en [[2001]], logo de ocupalo por vinteún anos, só superado en duración polo barón [[Pierre de Coubertin]], e foi nomeado presidente de honra do COI.