Alelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*xen -> xenes
Beninho (conversa | contribucións)
m xen > xene
Liña 1:
Un '''alelo''' é calquera dunha serie de cadeas codificantes de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] que ocupan un determinado [[locus]] (posición) nun [[cromosoma]]. Normalmente os alelos son secuencias de ADN que codifican para un [[xene]], pero outras veces o termo utilízase como 'posición' no cromosoma. Un [[xenotipo]] individual para ese xenxene é o conxunto de alelos que posúe ese individuo. En organismos [[diploide]]s, os que teñen dúas copias de cada cromosoma, dous alelos conforman o xenotipo do individuo. A palabra procede do grego αλληλος = "cada un".
 
Un exemplo é o xen para a cor das margaridas en moitas especies —un só xen controla a cor dos [[pétalo]]s, pero pode haber moitas variantes distintas (ou alelos) dese xen. Unha variante pode dar pétalos vermellos, mentres outra pode resultar en pétalos brancos. A cor resultante dunha flor individual dependerá de que dous alelos posúa para ese xen, e como interaccionan entre si.