Xixona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: war:Xixona
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Jijona; cambios estética
Liña 21:
'''Xixona''' é un [[concello]] do [[País Valenciano]], situado na comarca do [[Alacantí]], na [[provincia de Alacant]]. É famoso por ser o lugar onde se produce o doce de Nadal do [[turrón]], tanto a variedade de Xixona como a de Alacant. Conta con 7.575 habitantes (INE [[2008]]).
 
== Xeografía ==
Atópase situada a 25 km ao norte de [[Alacant]]. No seu termo municipal atópanse tamén a montaña e o porto da [[Carrasqueta]], paso natural para comunicar Alacant con [[Alcoi]]. Polo suroeste do termo pasa o río Montegre, que proveniente do pantano de [[Tibi]] diríxese cara á [[Horta de Alacant]]. Ao seu paso polo municipio xixonenco atópase a pequena pedanía de Montnegre. A súa montaña máis alta é "La Carrasqueta" con 1.300 metros de alzada (1.020 metros ao paso da estrada N-340).
 
O termo municipal está poboado de inmensas fragas de piñeiros e carrascas en altas montañas de máis de 1.000 msnm, o que dá lugar a vistas de vales e barrancos en vertical, así como do [[mar Mediterráneo]] debido á súa proximidade; con todo, outras partes do seu termo municipal, as máis próximas á costa, sofren dunha desertización preocupante.
 
== Demografía ==
Xixona conta con 7.575 habitantes (INE [[2008]]).
{| {{Táboabonita}}
Liña 38:
A poboación flutúa segundo a estación do ano; no verán o número de habitantes é menor.
 
== Economía ==
Tradicionalmente, a economía xixonenca baseouse nunha dualidade entre a produción e comercialización de [[xeado]]s no verán e a de turrón en inverno, complementada pola agricultura de secano, na cal destacaba o cultivo da [[amedoeira]], cuxo froito é materia prima para o turrón. Durante os séculos XIX e XX, foi natural que durante gran parte do ano moitos xixonencos se atopasen repartidos por todo o mundo, coma por exemplo en [[Cuba]] e outras partes de [[Iberoamérica]] vendendo os seus xeados e turróns. Existen moitas marcas artesás e fábricas de turrón.
 
== Monumentos e lugares de interese ==
* '''El Castell''': un castelo, edificio de interese arquitectónico, onde destaca a súa ''Torre Grossa''.
* '''Convent del Orde dels Pares Franciscans''': edificio de interese arquitectónico barroco e neoclásico.
* '''Ermida de Santa Bàrbara'''.
* '''Igrexa de Santa Maria'''.
* '''Museo do Turrón''', onde se conservan lembranzas da familia Sirvent Selfa fundadora das marcas ''El Lobo'' e ''1880''.
 
== Festas ==
Celébranse festas de Mouros e cristiáns na segunda quincena de febreiro. Estes Mouros e Cristiáns son tamén chamados "Festas dos Xeadores".
 
As festas patronais da localidade, tamén de Mouros e Cristiáns, celébranse en agosto, na fin de semana máis achegada ao día 24, San Bertomeu, co-patrono de Xixona xunto a Sant Sebastià.
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.xixona.es/ Concello de Xixona]
* [http://www.jijona.com Consello regulador de Xixona e Turrón de Alacant]
* [http://www.festesxixona.com/ Web oficial das festas de Xixona de Mouros e cristiáns]
* [http://intercentres.cult.gva.es/cristofolcolom/HTML/castella.htm#C Situación e descrición xeográfica, física e urbana de Xixona]
* [http://www.museodelturron.com/ Páxina do Museo do turrón]
 
== Notas ==
{{Referencias}}
 
Liña 71:
[[en:Jijona/Xixona]]
[[es:Jijona]]
[[eu:Jijona]]
[[fa:خیخنا]]
[[fr:Jijona]]