Xàbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Jávea; cambios estética
Liña 22:
'''Xàbia''' (en [[valenciano]]: ''Xàbia'', en [[lingua castelá|castelán]]: ''Jávea'') é un [[concello]] do [[País Valenciano]], situado na costa norte da [[provincia de Alacant]], na [[comarca]] da [[Mariña Alta]]. Conta cunha poboación de máis de 34.000 habitantes (INE [[2008]]), dos cales un 53,1% é da inmigración.
 
== Xeografía ==
Situado no norte da provincia, atópase xusto na punta máis entrante no mar da costa este. Atópase a uns 90 km de [[Eivissa]], sendo posíbel nos días claros, visualizar o perfil da illa dende os dous cabos importantes do lugar.
 
=== Orografía ===
O Montgó é o cume máis destacábel e visual da comarca, cos seus máis de 750 m de alzada, serve moitas veces de parapeto das borrascas que veñen do Norte colaborando en gran medida do mantemento do microclima local. Están o cabo de Sant Antoni (ao norte) e o Cabo Prim entre os cales fórmase a bahía de Xàbia.
 
Liña 32:
Existe un río que cruza do oeste ao leste da comarca chamado Gorgos, é un río de evacuación de auga cando chove, xa que durante case todo o ano atópase seco. A diferenza de localidades próximas como [[Dénia]] ou Oliva, Xàbia posúe unha orografía variada, dende un val entre o Montgó e as estribacións do cabo a Nave e o Puig de Benitatxell, á planicie baixa do "Plá do Saladar" e a alta planicie de "Lles plans" (cabo de Sant Antoni), praias, calas, montaña, etc.
 
=== Idiomas ===
Son linguas oficiais o [[valenciano]] e o castelán, sendo o primeiro moi estendido entre a poboación natural do lugar. O inglés é a lingua estranxeira máis falada, xa que Xàbia conta cunha poboación duns 6.000 ingleses residentes ao ano, a máis elevada do País Valenciano. O alemán ocupa o segundo posto de lingua estranxeira (uns 2.000 residentes), moi por diante do neerlandés e do francés, italiano, ruso, etc. Hai unhas 85 nacionalidades con representantes vivindo en Xàbia.
[[Ficheiro:Jávea02 17-8-03.JPG|thumb|right|290px|Xàbia dende o Cabo de Sant Antoni]]
 
=== Clima ===
Segundo un estudo científico realizado polos anos 90, considerouse a Xàbia como o segundo mellor microclima mundial, tras [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]] e é que se pode gozar dunha boa temperatura todo o ano cunha media que oscila dos 18º °C aos 24º °C. Xàbia é un lugar escollido polos xubilados estranxeiros para pasar o resto da súa vida. A cor verde é o que predomina na paisaxe, aínda que non chove con moita frecuencia si posúe Xàbia moita auga no seu subsolo (unha posíbel orixe do seu nome sería do árabe '''Xábiga''', que quere dicir algo así como "pozo ou alxibe", da cantidade destes elementos que poboaba o lugar).
 
A todo isto, existe un río subterráneo, chamado "Moraig" que provén das montañas internas de Pedreguer, onde se pode ver o seu nacemento dentro da cova da Caveira en Benidoleig. As choivas preséntanse co réxime de precipitación mediterráneo, é dicir de moi intensas precipitacións en moi pouco tempo, sendo os meses de setembro-outubro-novembro os de máis choiva. Estas precipitacións típicas do mediterráneo chámanse "[[gota fría]]" nesta zona.
 
=== Localidades limítrofes ===
Ao norte limita con [[Dénia]] pola que está separada polo macizo que forma o Montgó. Ao leste está totalmente limitado polo [[mar Mediterráneo]], mentres que ao sur e ao suroeste limita cos municipios de [[Benitatxell]] e [[Teulada]]. Ao oeste con Jesús Pobre, pedanía de [[Dénia]] e con [[Dénia]].
 
== Demografía ==
Conta cunha poboación de 34.750 habitantes (INE [[2008]]), dos cales un 53,1% é da inmigración. A maior parte dos proveñen de outros países da [[Unión Europea]] (11.894 censados, o 39,7% do censo), principalmente británicos (6.833 censados, el 24,6% do censo) e alemáns (1.959 censados, o 6,5% do censo).<ref><small>'''Fonte''': Explotación estadística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. [http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=%2Ft20%2Fe245&file=inebase&L= Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).]</small></ref>
 
Liña 55:
|}
 
== Economía ==
Aínda que a principios do século XX, Xàbia posuía unha economía baseada na agricultura e pesca, foi transformada a finais de devandito século a unha economía totalmente turística, debido ás favorábeis condicións coas que conta para o turismo de sol e praia característico da zona mediterránea.
 
== Notas ==
{{Referencias}}
 
Liña 70:
[[en:Xàbia]]
[[es:Jávea]]
[[eu:Jávea]]
[[fa:خابئا]]
[[fr:Xàvia]]