Rectángulo: Diferenzas entre revisións

figura xeométrica de catro ángulos rectos con dous lados longos iguais entre si e dous máis curtos tamén iguais entre si
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
traduzo de es:Rectángulo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de abril de 2010 ás 20:17

Un rectángulo é un paralelogramo cuxos catro lados forman ángulos rectos entre sí. Os lados opostos teñen a mesma lonxitude.

Un rectángulo

O perímetro, L, dun rectángulo de base b e altura h é:

L = 2b + 2h

A superficie, S, dun rectángulo de base b e altura h é:

S = b h

O corpo de revolución xerado por un rectángulo, respecto dun eixo que conteña ao carón, é un cilindro.

Rectángulos con nome de seu

 
Rectángulo áureo
  • O cadrado pódese considerar un caso particular do rectángulo, no que todos os seus lados teñen a mesma lonxitude.
  • O rectángulo áureo, tamén denominado rectángulo de ouro ou rectángulo Φ, é o rectángulo cuxos lados están en razón áurea. Se b e h son os lados, b/h = Φ. Para construílo a partir dun cadrado de lado AB, basta con determinar o punto medio M dun dos lados AB, e trazar, con centro no punto M, unha circunferencia que pase por un dos vértices C ao lado oposto.
Véxase tamén: Número áureo.
 
Representación gráfica dun rectángulo tridimensional
  • Rectángulo   (rectángulo raíz de 2), aquel cuxa relación entre base e altura é igual á raíz cadrada de dúas. Se b e h son os lados, b/h =  . O interese deste rectángulo radica en que se é dividido en dúas metades, polo seu lado máis longo, os dous novos rectángulos obtidos ten cada un a metade de área có orixinal, pero exactamente as súas mesmas proporcións. É por iso que, entre outros usos, é o formato empregado para dimensionar as follas de papel segundo a norma DIN. Construción partindo do cadrado: de xeito semellante ao rectángulo áureo, trázase con centro no punto A, unha circunferencia que pase polo vértice oposto C.
  • Dobre cadrado.

Ligazóns externas