Franquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m -cat repetitiva
Liña 12:
 
==Ideoloxía==
[[ficheiro:Ha llegado España.jpg‎|thumb|140px|esquerda|Cartel propagandístico de la España Nacional]]
O franquismo comezou baseándose na doutrina do nacionalcatolicismo, executada pola [[Falange Española|Falange]] e a [[Comunión Tradicionalista]], monárquica e carlista. Ao principio, tamén se aliaron outros sectores de dereitas: conservadores a algúns monárquicos lexitimistas. As bases do réxime foron a unidade nacional española, o catolicismo e o anticomunismo. O réxime foi unha dictadura militar e foi un réxime [[Totalitarismo|totalitario]], con especial vehemencia e represión ao longo do que se coñece como primeira etapa. Isto non impediu que o réxime se autodefinise dende o principio como unha ''democracia orgánica'' que endexamais se homologou cunha democracia parlamentaria.
 
A partir das derrotas das potencias do Eixe na [[Segunda Guerra Mundial]], o réxime vai desbotando o seu carácter marcadamente profascista, aínda que segue utilizando a súa [[simboloxía]]. O franquismo tivo daquela que buscar novas [[alianza]]s internacionais, e foi diminuíndo o papel da Falange en favor doutros grupos. Na década dos anos 60 apareceu unha xeración de políticos ''tecnócratas'' formados no [[Opus Dei]] que até certo punto rompeu o illamento internacional no que se atopaba o Estado.
 
 
== Notas ==