Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
Un '''ficheiro''' ou '''arquivo informático''' é un conxunto de información que se almacena nalgún medio de escritura que permita ser lido ou accedido por unha [[computadora]]. Un arquivo é identificado por un nome e a descrición do cartafol ou directorio que o contén. Os arquivos informáticos chámanse así porque son os equivalentes dixitais dos arquivos en cartóns, papel ou [[microficha]]s da contorna de oficina tradicional.
Os arquivos informáticos facilitan un xeito de organizar os recursos usados para almacenar permanentemente información dentro dun computador.
 
== Contidos==
== Contido dos arquivos ==
 
No que concirne ao [[sistema operativo]], un arquivo é, na maioría dos casos, simplemente un fluxo unidimensional de [[byte]]s (números enteiros no intervalo de 0 a 255), que é tratado polo sistema operativo como unha única unidade lóxica. Un arquivo de datos informático normalmente ten un tamaño, que xeralmente se expresa en ''[[byte]]s''; en todos os sistemas operativos modernos, o tamaño pode ser calquera número enteiro non negativo de bytes ata un máximo dependente do sistema. Depende do software que se executa na computadora o interpretar esta simplísima estrutura básica por exemplo un programa, un texto ou unha imaxe, baseándose no seu nome e contido. Os tipos especiais de arquivos, como os nodos de dispositivo que representan simbolicamente partes do hardware, non consisten nun fluxo de bytes e non teñen tamaño de arquivo.
 
42.616

edicións