Organismo xeneticamente modificado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
outra sigla
Liña 1:
[[Ficheiro:GloFish.jpg|thumb|220px|"GloFish®": o primeiro organismo xeneticamente modificado para vender: o [[peixe-cebra]].]]
Un '''organismo modificado xeneticamente''', (abreviado pola sigla '''OMX''', '''OXM''' ou mesmo '''OXMGMO''', esta última do inglés Genetically Modified Organism) é un organismo cuxo [[material xenético]] foi alterado usando técnicas coñecidas como [[ADN recombinante]] ou enxeñaría xenética. ADN recombinante é a capacidade para combinar moléculas de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] procedentes de diferentes fontes nunha molécula nun [[tubo de ensaio]]. Deste xeito as [[proteína]]s ou os [[fenotipo]]s do organismos poden ser alterados desde os seus [[xene]]s.
 
A maioría das veces que se fala de Organismos Xeneticamente Modificados referímonos a organismos [[transxénico]]s. OMX e transxénicos non son sinónimos: todo transxénico é un organismo xeneticamente modificado, mais non todo OXM é un transxénico.