Papel maché: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m moveu "Pasta maché" a "Papel maché": nome correcto
batir>bater
Liña 16:
 
==Elaboración da pasta de papel==
O papel debe ser troceado en anacos dun tamaño aproximado de 3 cm de lado, mellor a man ca cunha [[tesoira]] para non cortar as [[fibra]]s. O primeiro corte debe facerse no sentido das fibras (de feito que o corte das tiras sexa dereito e estas queden alongadas), e despois as tiras córtanse en cadradiños. Os anacos bótanse nun caldeiro con [[auga]], preferiblemente quente, onde se deben deixar un par de días, para que sexa máis doado de batirbater, e faga mellor pasta. En caso de urxencia, o batido pode ser instantáneo, agás que sexa para facer pezas pequenas, que requiren unha pasta máis fina, con menos grumos.
 
Se se fai moita cantidade, non se bate no mesmo caldeiro, é mellor ir poñendo porcións deste papel remollado noutro caldeiro máis pequeno e ir batindo por porcións, deixando enfriar a batidora frecuentemente para que non se queime. A masa xa batida vaise coando cun coador grande, sen estruxar á masa, axitándoa no colador para que escurra, e como moito, presionándoa suavemente coa palma da man enriba cando xa non escurre soa. Logo déixase nun coador grande de plástico (chamados coadores chineses ou de lavar verduras) para que siga escurrindo soa un pouco máis.