Castelo de Lobeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''O castelo de Lobeira''', asentado no monte do mesmo nome No enclave natural que proporciona un miradoiro cara á ría de Arousa, parece ter antecedentes mesmo nun castro antigo na zona como sae indicado nos textos da Catedral de Compostela como Castro Lupus, de feito o seu antiquísimo nome, "Lobeira", parece responder a esta característica, pois Lupara en latín significa `castelo ou mansión real´.
 
Como dato máis antigo documentado podemos destaca-lo nacemento en Lobeira de '''Theodomiro''' (sobre o século IX), bispo de Iria Flavia, e do que a lenda conta que foi partícipe do descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago.
 
A Fortaleza de Lobeira verase reforzada por mor de defende-la ría dos continuos asedios de viquingos e musulmáns (recordar que no termo municipal onde se atopa [[Vilanova de Arousa]] foi destruida a sua vila po unha invasion normanda, e mesmo os musulmans tiñan campado en illas tan proximas como Salvora ou mesmo a Illa de Arousa). Como inmellorable punto estratéxico do Salnés e da ría de Arousa, a súa posesión significaba ter un perfecto control sobre a fértil e cobizada comarca. Debido a este carácter defensivo/estratexico, tras estar baixo rendistas eclesiásticos, o castelo é doado a destacamentos militares para mellor protección da cidade de Compostela.
 
Co tempo convertiuse nunha fortaleza de grande importancia na idade media, onde se forxaron capítulos reseñables da historia do Reino da Galiza.
 
Nos século XI e XII, esta fortaleza adquire unha nova relevancia, da cal son protagonistas dela '''Dona Urraca''', o seu fillo '''Afonso VII''' a mais do '''Arcebispo Xelmírez'''.
 
Tras o finamento de '''Don Raimundo''', home de Dona Urraca, esta volve casar, perdendo así a posibilidade de herdar ó trono de Castela posto que o seu pai o establecera así nunha cláusula no seu testamento. Comeza entón o enfrontamento entre os que queren coroar ó seu fillo Afonso (entre eles o Arcebispo Xelmírez) e os que apoian ó novo home de Dona Urraca, '''Afonso I de Aragón''', que quere controla-las terras da Galiza. Un dos aliados do aragonés '''Arias Pérez''', que por aquel entón rexentaba a fortaleza de Lobeira, e quen con enganos consegue apresar a Xelmírez no castelo, a pesares delo Afonso I de Aragón non consegue dominar a Galiza e Arias Núñez é tamén vencido. Entende entón Dona Urraca que o seu inimigo para chegar ó trono é Xelmírez e empregará sen éxito todos os seus esforzos para vencelo. En 1116 comeza unha guerra na que Lobeira volve ser clave e en 1117 a Raíña decide reconciliarse co seu fillo e claudicar.
 
Podemos sinalar tamén que da época de Don Raimundo e Dona Urraca son os tres petroglifos que se atopan nas inmediacións do miradoiro, e que representan xogos flamencos cos que os soldados holandeses que custodiaban a torre (que trouxera Don Raimundo do seu país) se entretiñan.
 
Ó longo da súa historia posterior, Lobeira sería cobizada por calquera das partes nos diversos conflitos vencellados co poder de Compostela, como enclave para a defensa e abastecemento da capital compostelá, que xunto cas Torres do Oeste eran coñecidos coma as portas a Compostela. A fortaleza será finalmente derrocada durante as segundas Revoltas Irmandiñas (1466-1469 Gran guerra Irmandiña e a cal forma a Real Xunta Irmandiña do Reino da Galiza, percursora da Xunta de Galicia) -patroneadas nesta zona por''' Suero Gómez e Pedro Álvarez de Sotomaior'''- como revelación contra os abusos dos señores feudais e do arcebispo de Santiago, a quen pertencía por aquel entón este castelo.
 
'''Final da fortaleza'''
 
Os danos que sufridos polo enclave na Gran gurra Irmandiña foron moitos, polo que a mitra acabaría decidindo cederlla a '''Juan Antonio Mariño de Lobera''' (descendente de Ruy Soga de Lobera, anterior beneficiario da torre e importante personaxe tamén na historia de Compostela), pois a acometida da reconstruccion resultaba moi custosa para a mitra compostelá xa que a poboacion quedara diezmada a causa das continuas persecucions posteriores cando os nobres voltan a Galiza.
Posteriormente, os seus novos propietarios aproveitaron a pedra e trasladárona ó Rial, onde construíron o magnífico pazo alí situado (o Pazo Rial é hoxe en dí un Hotel de alta categoría).
O estrago total da torre foi obra de furtos veciñais e absurdas concesións de pedra, deixando así Lobeira á marxe da historia posterior.
 
'''A cruz de Lobeira'''
 
Oxe en día, no miradoiro de Lobeira érguese unha enorme cruz, ancorada no ano 1896. Por aquel entón había decote traxedias de navíos nestas costas, por mor do cal se asentou neste cumio o símbolo da fe cristiá, para render así homenaxe a tantas víctimas e sufrimentos que se foron dando co decorrer do tempo. Entre estas traxedias destaca o afundimento do '''buque-escola Serpent''', que provocou unha gran conmoción, polo que o almirantado británico colocou nunha das rochas do miradoiro unha placa con inscrición inglesa para lembranza destes mariños.