Hugo Chávez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
m élite > elite
Liña 119:
Por diversas razóns, semanas despois reiniciáronse as protestas opositoras. A mediados de ano, un grupo de 14 militares activos de alto rango e retirados que estiveran implicados no golpe de abril pronunciáronse en contra do goberno na [[Praza Francia (Caracas)|Praza Altamira]], declarándose en desobediencia. Día a día, máis militares fóronse unindo á protesta ata chegar a uns 120 oficiais; o goberno decidiu non reprimir nin sofocar a protesta militar, pero os medios privados dábanlle unha cobertura total e foi amplamente apoiada por miles de simpatizantes, políticos da oposición e celebridades da farándula.
 
O 2 de decembro de 2002, días despois da creación dunha mesa de diálogo e acordos patrocinada pola [[OEA]] e o [[Centro Carter]], na que sectores do goberno e a oposición se sentaron para intentar reconciliarse, comezou un novo paro xeral convocado polos sindicatos opostos ó goberno, Fedecámaras, o grupo "Xente do Petróleo", conformado pola éliteelite de PDVSA e os medios de comunicación, co apoio da cúpula da Igrexa católica e de diversos partidos políticos tradicionalistas, tanto de dereita como de esquerda (como o [[Movemento ó Socialismo (Venezuela)|MAS]], [[Partido Bandera Roja|Bandera Roja]]) "Primero Justicia", Acción Democrática e COPEI, aglutinados no que chamaron [[Coordinadora Democrática]].
 
A súa duración inicialmente era de 24 horas, pero prorrogouse ata converterse nunhaa folga indefinida. A petición central dos folguistas era a renuncia do Presidente, ou a realización dun referendo consultivo sobre a continuidad de Chávez. Chávez non renunciou, e o paro mantívose durante 62 días.
Liña 336:
Con anterioridade a todas estas escisións, [[Francisco Arias Cárdenas]], un dos máis antigos amigos de Chávez (que tamén participara no intento de golpe de 1992), retiroulle o seu respaldo, postulándose como candidato á presidencia nas eleccións de 2000 logo de constituír o seu partido "Unión". Arias Cárdenas perdeu as eleccións, pero seguiu activo na oposición ata 2005, cando volveu a apoiar ó goberno nas eleccións parlamentarias.
 
Nese mesmo ano, [[Manuel Manuit]], seguidor de Chávez e gobernador do estado Guárico, foi acusado por dirixentes do MVR de estar tras presuntas violacións dos dereitos humanos cometidas por un cuerpocorpo de éliteelite da policía da gobernación contra unhas 200 personas. Os informes foron vetados e a Fiscalía investiga. Porén, hai profundas discrepancias no chavismo en torno a este tema, malia que o día 5 de maio de 2005 un grupo de deputados chavistas, encabezado por [[Raúl Esté]], fixo denuncias na Asemblea Nacional contra o Gobernador Manuit, por corrupción, narcotráfico e axustizamentos —con máis de 160 asasinados con ‘tiros de gracia’ na cabeza, só no mes de novembro do ano anterior.
 
O presidente Chávez, que é ademais xefe do partido MVR, realizou críticas constructivas contra os seus propios funcionarios e seguidores, autocalificándose como un dos principais críticos do seu propio goberno. O Presidente criticou publicamente ós seus ministros e ex-ministros de Vivenda, Comunicación e Información ou Saúde, ós alcaldes de Caracas, etc. Tamén mencionou que hai infiltrados no seu goberno. [[Lina Ron]], unha activista, fervente seguidora de Chávez, afirmou unha vez que "estou con Chávez, pero non co seu goberno". [[Luis Tascón]], deputado do MVR, mencionou que todavía existe "o miquilenismo" no goberno e que a corrupción se mantén intacta.