Pesca deportiva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Ortografía
Xoacas (conversa | contribucións)
m Cambio marcador por outro máis específico
Liña 1:
{{EnDeporte en progreso}}
'''A pesca deportiva en [[Galiza]]'''
 
É un deporte moi difundido, sobre todo nas comarcas costeiras de toda [[Galiza]], aínda que nalgunhas zonas do interior que se atopan preto de ríos grandes ou troiteiros tamén teñen numerosos afeccionados.
 
===A pesca no mar:===
 
En Galiza esta pesca está bastante estendida nas [[ría]]s, nas altas e nas baixas.
Predomina a pesca dende pequenas embarcacións que cacean polas [[praia]]s e rías en busca de [[róbalo]], que produce as delicias e desexos de todo practicante deste deporte.
Liña 11 ⟶ 10:
=== A pesca “a fondo”: ===
 
Esta especialidade consiste no transporte do [[cebo]] ata a zona adecuada cun [[chumbo]] ou [[chumbada]] que pode variar en forma, tamaño e peso. Para pescar desta maneira necesítase unha [[cana]] cunha [[acción]] determinada que vai dende os 20g ata os 300g.
 
=== A pesca con [[boia]]: ===
 
É un tipo de pesca moi común nas costas rochosas, onde un chumbo quedaría enganchado nas pedras do fondo. Aínda que algo difícil para os que a practican por primeira vez debido ó manexo da boia, da moi bos resultados en canto a calidade de peixe e cantidade. Quizais a captura máis numerosa e importante sexa a do [[Sargo]], pola súa abundancia sobre todo no outono e inverno, sendo comúns as “pescatas” de 10, 15 exemplares que poden superar facilmente o quilogramo de peso.
 
=== A pesca caceando desde [[embarcación]]: ===
 
Consiste en que co [[barco]] en movemento, moi amodo e co motor con pouco ruído, lancemos o cebo [[artificial]], e fixemos o freo do [[carrete]], así o [[vinilo]] ou o rappala moveranse a unha velocidade á que os [[depredadores]] (comunmente robalizas e xardas) poidan atrapalo con facilidade.
Desta maneira sinxela podemos practicar outras modalidades mentres temos unha cana caceando.
 
===Caceando desde terra:===
 
Consiste no mesmo que a anterior, só que sen barco, polo que seremos nós os que teremos que recoller a tanza rapidamente. Deste xeito é máis incómodo pero pódese alternar tendo unha cana a fondo, ben suxeita á espera dunha [[picada]] mentres caceamos.
 
Liña 30 ⟶ 25:
 
=== A pesca nos [[río]]s e [[lagoa]]s ===
 
É un tipo de pesca deportiva menos estendida pero que conta con bastantes practicantes deste deporte, sobre todo nos ríos [[Río Miño|Miño]], [[Eo]], [[Masma]], e outros moitos da [[vertente]] [[Mar_Cantábrico|Cantábrica]] e [[Océano_Atlántico|Atlántica]].
Existen tamén moitas modalidades, das que veremos as máis importantes.
 
===A pesca con mosca:===
 
Como o seu nome indica o cebo é unha [[mosca artificial]] realizada artesanalmente con plumas e que leva un [[anzol]]. Consiste en lanzar a mosca sen ningún tipo de chumbo cuns rápidos movementos cara atrás e adiante, e ten que caer suavemente na superficie da auga, coma se fose un auténtico insecto que acaba de caer aínda vivo sen saber o que lle agarda debaixo da auga, listo para saltar no aire e atrapalo entre os seus dentes.
 
Liña 41 ⟶ 34:
 
===Pescando con culleriña:===
 
É por excelencia o mellor método para pescar troitas. A técnica é moi longa de aprender e moi complicada, pero con práctica todo se consegue. Consiste en lanzar unha especie de culler de metal dun color brillante cun [[trianzó]], e que ó recoller a moita velocidade só se pode ver unha cousa moi rechamante (que resulta atractiva para as troitas).
 
===Pescando con cebo natural:===
 
Os cebos deben ir cun pequeno chumbo que depende do [[cauce]] e corrente do río. Poden ser por exemplo [[miñoca]]s, [[saltón]]s, insectos acuáticos... Todo o que se atope preto do leito río e que teña vida. Hai que facer unha mención a parte para a [[anguía]], que pode comer de todo, pero o mellor cebo é a [[sardiña]], aínda que pareza estraño utilizar un cebo de mar no río. O seu olor atraerá as anguías dende moi lonxe, xa que se guían polo olfacto e o tacto, non pola vista.
 
[[Categoría:Pesca]]
{{En progreso}}
 
[[bg:Спортен риболов]]