Freixo común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: gv:Unjin (billey); cambios estética
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Esk; cambios estética
Liña 17:
Ademais de '''freixo''', a forma máis común en toda Galiza, outras denominacións galegas son: afereixo, afreixo, freixa, freixeira e frinxo. Para o colectivo existen as denominacións freixal, freixedo, freixeiro e freixido.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:AskarVinter.jpg|left|200px]]
As [[folla]]s do freixo son dun tamaño que oscila entre os 20 e os 30 centímetros, caedizas, opostas, imparipinnadas, compostas de 9 a 13 folíolos (ás veces pode haber menos) de 5-11 x 1-3 cm cada un, sentados ou case sentados, entre ovados e lanceolados, acuminados no ápice, cuneados na base, serrados en todo o seu contorno, cun número de dentes dobre do número de nervios secundarios, verdes escuras na face e máis pálidas no envés. As follas, ó caer, adquiren unha tonalidade amarelenta moi chamativa.
Liña 25:
O [[froito]] é unha [[sámara]] de 25-50 x 7-10 mm, con á lanceolada, truncada ou escotada no ápice, arredondada na base, primeiro verde e despois parda. A semente madura a finais do verán.
 
== Usos tradicionais ==
É unha especie leñosa importante na formación da paisaxe, empregada como ornamental, para o que se seleccionan moitas variedades. A madeira empregouse tradicionalmente na construción de carros e outros apeiros de labranza, en xeral aqueles elementos que requiren robustez e flexibilidade como os mangos.
 
Liña 36:
A leña desta árbores é moi bo combustíbel e dá un carbón de primeira calidade xa que arde mesmo estando verde. As varas empréganse na cestería, e as follas como forraxe, moi apreciada para o engorde do [[gando]].
 
== Usos medicinais ==
As follas en infusión téñense empregado como laxante e diurético, e tamén para combater as enfermidades renais e o reuma. A cortiza pode empregarse para baixar a [[febre]] e tamén como aromática, aperitiva, tónica e expectorante. Para cura-la dor de cabeza úsanse infusións da casca maumiña de freixo.
 
Na [[Fonsagrada]] ([[Lugo]]), para cura-la úlcera dos meniños, empregan este remedio: botan nun prato de freixo nove cabezas de [[estruga]]s e nove areas de [[sal]], fan sobre o corpo de cativo varias cruces e círculos e recitan a seguinte oración: “''Sal de salgar,/ ortiga de ortigal,/ márchate Ulcera/ pro teu lugar,/ que nin crezas/ nin avivezas,/ nin fagas cousas/ que mal parezas./ Pol-o poder de Dios/ e da Virxe María,/ un Padre Nuestro/ e-un Ave María''”. Débese repetir esta oración por nove veces, á vez que se botan ó lume o sal e as estrugas ([[Jesús Rodríguez López]] e [[Víctor Lis Quibén]]). Lis Quibén tamén recolleu en [[Cotobade]] outro tratamento popular para cura-la úlcera que tamén utiliza un prato de freixo: botan nunha cunca de madeira de freixo nove gotas de aceite, nove de viño, nove de auga e nove areas de sal. Bendicen a parte enferma cun hisopo feito de nove gromos: tres de [[silva]], tres de estruga e tres de [[fiúncho]]. O tratamento e o ensalmo correspondente repítese tres veces ó día durante nove días seguidos.
 
== Cantigueiro ==
* Ai, que freixeira tan alta! / Ai, que freixas tan maduras! / Ai, que nenas tan bonitas! / Quén che mas dera nas uñas!
 
== O freixo, fonte de topónimos ==
A abundancia de freixos en Galiza explica a abundancia de topónimos derivados, tanto do nome da propia árbore como do colectivo. A seguinte relación, quitada do Nomenclátor oficial, amosa a súa distribución histórica por toda a nosa xeografía:
 
Liña 72:
* '''A Ribeira do Freixo''': lugar do [[O Freixo de Sabardes, Outes|Freixo de Sabardes]] (Outes).
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Fraxinus excelsius. Freixo.jpg|''Fraxinus excelsius''
Liña 96:
[[fi:Saarni]]
[[fr:Frêne élevé]]
[[fy:Esk]]
[[gd:Uinnseann]]
[[gv:Unjin (billey)]]