Anélidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'presencia' por 'presenza'
Zanaer (conversa | contribucións)
Liña 72:
O filo ''Annelida'' é un grupo cunha posición filoxenética fundamental dentro dos [[protostomado]]s espirais. Xeralmente localízanse entre os [[Molusco]]s e os [[Artrópodo]]s cos que se relacionan fundamentalmente pola [[larva]] [[trocófora]] (cos moluscos) e a [[metamería]] (artrópodos).
 
Para explicar a orixe dos anélidos hai que considerar a orixe do [[celoma]] e da [[metamería]]. Neste senso uns investigadores avogan por un antigoantepasado tipo oligoqueto, outros fano por unha forma primitiva tipo poliqueto. Para os autores que consideran o antepasado oligoqueto, o celoma orixinaríase como unha adaptación mecánica a escavación e a segmentación como unha adaptación para perfeccionar esta escavación. Os autores que defenden a outra alternativa (antepasado tipo poliqueto) din que o antecesor puido aparecer na capa superficial dos sedimentos e non precisaría escavar senón desprazarse pola superficie e para iso posuiría [[parápodo]]s. O celoma non xurdiría como [[esqueleto hidrostático]] senón para almacenamento e transporte de substancias polo corpo.
 
Dado que son animais de corpo brando, o seu rexistro [[fósil]] é moi escaso. Estes poucos fósiles pódense adscribir a grupos de poliquetos actuais e situarían a súa orixe no [[Precámbrico]] (hai uns 600 millóns de anos) e que a grande radiación dos poliquetos sucedeu a mediados do [[Cámbrico]].