Louro, Muros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Retiro imaxe para colocala nunha nova galería de imaxes
Xoacas (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 24:
 
==Economía==
Historicamente foi unha parroquia rural, na que as actividades produtivas mais relevantes foron a pesca e o agro, dentro do que destacaba unha importante cabana ovina. Restos deste pasado son os muíños do [[río Longarela]], algúns deles en bo estado de conservación, ou algunhas agrupacións de [[cabaceira]]s (os [[Hórreo galego|hórreo]]s, construídos co estilo particular da comarca) de grande interese. Tamén contou con unha florecente industria conserveira, da que se conservan varios edificios ao longo do seu litoral, algúns deles admirábeis pezas, aínda en bo estado, da historia industrial galega. Algúns destes vellos edificios foron reconvertidos en locais de hostalería, o que permite gozar da súa grande beleza e interese arquitectónicos.
 
Hoxe en día perdeuse unha grande parte desta actividade aínda que perdura a extracción marisqueira e o mergullo con certa relevancia, así como a agricultura de carácter doméstico.