Diferenzas entre revisións de «Deron Williams»

m
Foi elixido na terceira posición do [[Draft da NBA]] de [[2005]] polos [[Utah Jazz]], por detrás do [[Australia|australiano]] [[Andrew Bogut]] e de [[Marvin Williams]]. Comezou a súa primeira tempada coma profesional dende o banco, aínda que pouco a pouco foi entrando no quinteto titular do equipo. Rematou a súa tempada de novato con 10,8 puntos e 4,5 asistencias, o que fixo que fora elixido no mellor quinteto de ''rookies'' do ano. Deron comezou a [[tempada 2006-07 da NBA|tempada 2006-2007]] coma titular, e os Jazz tiveron o mellor arranque da súa historia, con 12 partidos gañados por 1 perdido. Esta foi a tempada da súa confirmación, conseguindo ademais 5 dobres-dobres e rematando o ano con 16,2 puntos e 9,3 asistencias de media. Nos seus dous primeiros anos coma profesional participou en ámbolos dous no [[Rookie Challenge]] do [[All-Star Weekend]], o partido entre novatos e xogadores de segundo ano da festa anual da [[NBA]].
 
O seu terceiro ano na [[NBA]] foi a súa tempada de maior recoñecemento. Converteuse na estrela do equipo xunto a [[Carlos Boozer]] e aumentou as súas estadísticas ata chegar aos 18,8 puntos e 10,5 asistencias, facendo así un dobre-dobre de media. Por isto e por conseguir que os [[Utah Jazz]] se clasificaran no 5º posto da súa conferencia foi incluído no segundo mellor quinteto da [[NBA]]. Acudiu, tamén ao concurso de habilidades do [[NBA All-Star|All Star da NBA]]. Na eliminatorias polo título o equipo caeu eliminado en Semifinais de Conferencia ante [[Los Angeles Lakers]] por 4-2.
 
No ano [[2008]] celebráronse en [[Pequín]] as [[Xogos Olímpicos|Olimpíadas]], e Deron foi escollido para formar parte do equipo estadounidense de baloncesto, que formara un dos mellores conxuntos da súa historia. Tras un torneo moi exitoso os norteamericanos conseguiron o [[medalla de ouro|ouro olímpico]]. Na tempada [[tempada 2008-09 da NBA|tempada 2008-09]] os Jazz sufriron un descenso na clasificación por mor das constantes lesións dos seus principais xogadores e a falta de ritmo do equipo ([[Carlos Boozer]], Deron Williams e [[Andrei Kirilenko]] perdéronse: 45, 14 e 15 encontros, respectivamente). Williams mantivo o nivel das súas estadísticas con 19,4 puntos e 10,7 asistencias. Nos ''playoffs'' da NBA volveron a ser eliminados polos Lakers por un contundente 4 a 1.
 
==Logros personais==
53.145

edicións