Manu Ginóbili: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 47:
Na [[tempada 2003-04 da NBA|tempada 2003-04]], Ginóbili comezou con máis regularidade para os Spurs, xogando como titular a partir da metade dos 77 partidos de tempada que disputou. As súas estatísticas melloraron en todas as categorías importantes, xa que fixo 12,8 puntos, 4,5 rebotes, 3,8 asistencias e 1,8 roubos por noite. Durante os playoffs, os Spurs atopáronse aos Lakers nas Semifinais de Conferencia. Por mor dunha polémica no quinto partido cando [[Derek Fisher]] anotou unha canastra ao soar a bucina faltando 0.4 segundos, os Spurs perderon o duelo e a serie por 4-2. Aínda que Ginóbili non mollo tan ben como na tempada pasada, as súas estatísticas en playoffs melloraron de maneira significativa, con 13 puntos, 5,3 rebotes e 3,1 asistencias por partido.
 
[[Ficheiro:Ginobili ey Kirchner-1jul05-presidencia-govar.jpg|thumb|Ginóbili co por entón Presidente de [[Arxentina]] [[Néstor Kirchner]] tras as Finais de [[2005]].]]
Despois dalgúns problemas cos Spurs debido ao seu contrato, Ginóbili renovou e iniciou a [[tempada 2004-05 da NBA|tempada 2004-05]]. Este ano foi elixido como reserva polos adestradores da NBA da [[Conferencia Oeste da NBA|Conferencia Oeste]] para xogar o [[All-Star Game da NBA|All-Star Game]], marcando o seu debut na elite da NBA a mediados da tempada.<ref name=bio />. Durante un partido fronte aos [[Phoenix Suns]], marcou un total de 48 puntos, sendo a mellor marca da súa carreira, e logrando a vitoria para o seu equipo. Durante os playoffs, o xogo de Ginóbili foi fundamental para San Antonio. Os Spurs derrotaron a [[Phoenix Suns]] primeiro 4-1 nas Finais de Conferencia, antes de que se impuxesen nunha moi defensiva serie de sete partidos a [[Detroit Pistons]] nas Finais da NBA. Ginóbili rexistrou as mais altas estatísticas da súa carreira, en particular 20,8 puntos e 5,8 rebotes por partido, tendo ademais a terceira porcentaxe anotadora máis alto no total de todos os playoffs.<ref name=bio /> Na votación polo [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]], o escolta foi un claro candidato, pero viuse desprazado polo capitán do seu equipo, [[Tim Duncan]], terminando a tempada como o segundo líder anotador no equipo. Durante a tempada, converteuse na cuarta persoa en gañar o Olimpia de Ouro de maneira consecutiva, esta vez compartindo o premio co futbolista [[Carlos Tévez]].<ref>[http://www.misionesonline.net/paginas/detalle2.php?db=nacionais&ide=14349 Ginóbili e Tevez foron premiados co Olimpia de Ouro]</ref>