Unión Fenosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 95.17.133.185 (conversa); cambiado á última versión feita por Atobar
Liña 17:
 
==Historia==
Naceu o [[23 de novembro]] de [[1982]] co nome de '''Unión Eléctrica Fenosa''' tras atrala fusión entre [[Unión Eléctrica]], creada en [[1912]] como Unión Eléctrica Madrileña, e [[Fenosa]] (Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A.), creada en Galiza en 1943 por [[Pedro Barrié de la Maza]].
 
En [[1986]] o grupo iniciou a súa expansión internacional cun contrato de consultoría para a empresa [[Usinas y Transmisiones Eléctricas de Uruguay]], e en 1988 entrou en funcionamento a [[Central nuclear de Trillo|central nuclear]] de [[Trillo]], da que Unión Fenosa era promotora.
Liña 23:
[[Ficheiro:Paxaros_sobre_uns_cables_de_tendido_eléctrico.jpg|thumb|200px|right|thumb|[[Estorniño]]s sobre un tendido eléctrico de Unión Fenosa]].
 
En [[1992]] tivo lugar a primeira inversión directa no exterior, e en 1994 creouse Unión Fenosa Energías Especiales para dar pulo ás [[enerxías renovables]]. En [[1995]], tras otralo éxito das exposicións bienais creadas en [[1989]] e denominadas [[Mostra Unión Fenosa]], creouse o [[Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa]], na [[Coruña]].
 
Fenosa participara desde a liberación das [[telecomunicacións]] neste sector, e en [[1998]] adquiriu unha participación da empresa de [[telefonía móbil]] [[Airtel]], traspasando a inversión ó ano seguinte ó grupo Aúna ([[Retevisión]] e [[Amena]]). TaménAsí mesmo, conta na actualidade (agosto de 2008) cun 35,44 % das accións da empresa galega [[R (telecomunicacións)|R]]<ref>[http://www.expansion.com/edicion/exp/empresas/energia/es/desarrollo/1152625.html www.expansión.com]</ref>.
 
No ano [[2000]] asinoufirmou un contrato cunha empresa petroleira [[Exipto|exipcia]], que permitiu a Unión Fenosa dispor de gas propio en orixe e así ter unha posición de vantaxe no sector. Alén disoAdemais, creouse Soluziona como integradora das empresas de servizos profesionais do Grupo. A Central de Hermosillo, en [[México]] entrou en funcionamento en [[2001]] e constitúe o primeiro ciclo combinado de gas construído e operado pola empresa. En [[2002]] eliminou do seu nome a palabra "Eléctrica" para reflectir a entrada noutros negocios (gas, telecomunicacións, etc.) En [[2003]] entrou como socio estratéxico no accionariado de Unión Fenosa Gas a empresa italiana [[ENI]], que co 50% dos títulos, reforzou o posicionamento do Grupo nos mercados gasistas internacionais.
 
Actualmente, o Grupo Unión Fenosa ten presenza en 15 países.