The Sex Pistols: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: br:Sex Pistols
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: zh:性手枪乐队; cambios estética
Liña 8:
| xénero = [[Punk]]
| selo = [[EMI]], A&M Records, [[Virgin Records]]; [[Warner Bros. Records]]
| membros = [[Johnny Rotten]] <br /> [[Steve Jones]] <br /> [[Glen Matlock]] <br /> [[Paul Cook]] <br /> [[Sid Vicious]]†
| antigos_membros =
| web = [http://www.sex-pistols.net www.sex-pistols.net]
Liña 20:
Rotten deixou o grupo en [[1978]] logo dunha desastrosa xira polos [[Estados Unidos]]. Os tres membros restantes continuaron brevemente con Edward Tudor-Pole e Ronnie Biggs como vocalistas pero separáronse en [[1979]]. O grupo volveu a xuntarse en [[1996]] (xa sen o finado Sid Vicious) para a "Filthy Lucre Tour" (en galego "xira da gañancia noxenta") e reuníronse novamente en [[2002]] e [[2003]]. O [[24 de febreiro]] de [[2006]] os Sex Pistols foron oficialmente incluídos no [[Salón da Fama do Rock]] pero rexeitaron a invitación á cerimonia e insultaron ó museo.
 
== Historia ==
=== O inicio ===
 
O núcleo inicial dos Sex Pistols xurdiu a partir da banda [[The Strands]], formada en [[1972]] con Steve Jones como vocalista, Paul Cook na batería e [[Wally Nightingale]] na guitarra. Durante [[1973]], os tres pasaban moito tempo en Kings Road, na zona de [[Chelsea]], [[Londres]]. Un local que visitaban decote era a tenda de roupa "Let It Rock" (logo coñecida como SEX), cuxos donos eran [[Malcom McLaren]] e [[Vivienne Westwood]]. Durante eses anos, o trío actuaba con diversos nomes e tocaba un rock elemental moi influenciado polos [[New York Dolls]]. Pouco despois, Steve e Paul acudiron a McLaren para que lles recomendase un baixista, ante o cal Malcolm no dubidou en presentarlles ó seu empregado Glenn Matlock. Ó pouco tempo, estaban practicando Steve, Paul, Wally e Glenn. En varias oportunidades Steve e Paul pedíronlle a Malcom que fixese as veces de representante pero el insisteu en que xamais o faría mentres Wally Nightingale permanecera no grupo.
Liña 28:
En [[1975]], McLaren abandonou Inglaterra e viaxou ós Estados Unidos, onde fixo o traballo de representante dos New York Dolls durante dúas semanas antes de que estes se separaran. Durante a súa estadía no país viu a [[The Ramones]] en vivo pero o que máis lle impactou foi [[Richard Hell]] (nese momento baixista e vocalista de [[Television]]), pola súa roupa destrozada e o pelo curto e revolto. McLaren atopou na súa imaxe caótica e desaliñada exactamente o que estivera buscando e suxeriulle a Richard que viaxara con el de volta a Inglaterra para formar unha banda alí, pero el non aceptou a súa oferta. Ó separase os New York Dolls Malcom volveu a repetir unha oferta similar, esta vez ó guitarrista [[Sylvain Sylvain]]. Basicamente na conversan díxolle que "coñecía a uns rapaces que rondaban pola súa tenda e estarían moi interesados en formar unha banda con el". Unha vez máis, a súa oferta foi rexeitada. McLaren volveu entón a Inglaterra levándose consigo a guitarra de Sylvain (a famosa Gibson co debuxo dunha rapaza seminúa) e cunha idea. Á súa volta aseguróulles a Paul, Steve e Glenn que sería o seu representante se se desfacían dunha vez por todas de Wally, e así o fixeron. O grupo trocou entón o seu nome a [[The Swankers]].
 
=== A chegada de Johnny Rotten ===
 
Pouco despois, Malcom McLaren trocou o nome da súa tenda de roupa de "Let it Rock" a "SEX" e comezou a incluír novos deseños en parte baseados na imaxe de Richard Hell pero máis aínda usando estilos revolucionarios e orixinais ideados pola súa esposa Vivienne, que incluían o coiro e os accesorios sadomasoquistas á súa colección. Durante eses anos, John Lydon, que logo sería coñecido como Johnny Rotten, soía rondar por Kings Road co seu amigo Sid Vicious, usando o pelo tinguido de verde e unha camiseta de [[Pink Floyd]] sobre a cal escribira as palabras "I Hate" (en galego "eu odio"). Crendo que a súa imaxe e a súa actitude eran as indicadas para a banda, McLaren, Jones e Cook acercáronse a Johnny e ofrecéronlle ser vocalista do seu novo grupo. Máis tarde regresaron á tenda SEX e pedíronlle que cantara xunto á [[jukebox]] e Johnny cantou a canción "I'm Eighteen" de [[Alice Cooper]] co estilo arrogante e psicótico que sempre o caracterizou. Porén, anos despois no documental [[Blood on the turntable]] da [[BBC]], McLaren contou unha versión un pouco diferente. Segundo a súa versión foi Vivienne Westwood a que lle dixo que "debía conseguir a aquel rapaz, John, que rondaba pola tenda" e unha vez recrutado Johnny Rotten díxolle que se equivocara de persoa xa que ela se refería ó outro John, o amigo de Rotten. Aqueloutro John ó que se refería era [[John Simon Ritchie]], mellor coñecido como Sid Vicious. Segundo esta teoría Sid sempre estivo na mente de Vivienne para formar parte da banda e só foi esta confusión o que retrasou o feito de que se unira.
Liña 34:
Pouco despois, a banda trocou o seu nome a Sex Pistols e comezaron a buscar outro guitarrista para que se sumase a Steve. Tal era a influencia dos New York Dolls en eles que publicaron un aviso no fanzine [[Melody Maker]] que dicía "Búscase guitarrista non maior de 20 anos, que non se vexa peor que [[Johnny Thunders]]". Non obstante, non conseguiron a ningún guitarrista que os satisfacera e continuaron tocando como un cuarteto.
 
=== EMI e a polémica ===
 
A fama dos Sex Pistols aumentou en [[1976]]. Nun show mítico ante 42 persoas no Lesser Free Trade Hall en [[Manchester]] (Inglaterra) atopábanse entre o público futuros membros de [[Buzzcocks]], [[Anthony H. Wilson]] (fundador de [[Factory Records]], primeiro selo [[rave]]), [[Bernard Sumner]], [[Ian Curtis]] e [[Peter Hook]] (formarían [[Joy Division]]), [[Adam Ant]], [[Morrissey]] (formaría [[The Smiths]]), e [[Mick Hucknall]] (formaría [[Simply Red]]).
Liña 40:
En outubro dese ano, a editora EMI contratounos por 40.000 libras, a cifra máis alta pagada ata entón a un grupo descoñecido. O primeiro sinxelo do grupo, "Anarchy in the UK", entrou nas listas de éxitos, pero o grupo foi expulsado da discográfica pola polémica creada tras facer declaracións provocativas en linguaxe obscena durante o programa de televisión de Bill Grundy, o que finalmente aumentaría a súa sona polo exceso de atención dos xornais nunha sociedade doada de ofender.
 
=== A&M e God Save the Queen ===
 
Cun pago de 50.000 libras o grupo fichou por A&M Records; asinaron o contrato nun estaribel instalado fronte a [[Buckingham Palace]], xa que o seu novo tema se chamaba "God Save the Queen" ("Deus salve á raiña"). Ante as protestas, posto que a canción inxuriaba á monarquía británica, foron despedidos e indemnizados outra vez.
Liña 46:
Un dato curioso é que ese ano o posto número 1 do ranking quedaría baleiro, xa que ningunha radio quería poñer o tema por medo ás protestas da xente. Ademais o disco non podía ser editado por boicot e protestas dos fabricantes de discos que se negaban a tomar parte en "semellante signo de decadencia da sociedade".
 
=== A chegada de Sid Vicious ===
 
Glen Matlock foi botado dos Sex Pistols e substituído por Sid Vicious, antigo amigo de Johnny Rotten, fan da banda e, con anterioridade, batería de [[Siouxsie & the Banshees]] e [[The Flowers of Romance]].
 
=== Virgin Records e a censura ===
 
Xa era [[1977]] e a [[Virgin Records]] contratounos para lanzar definitivamente "God Save the Queen". Durante os seguintes meses o grupo foi noticia polos seus constantes altercados.
Liña 62:
Outra gran fonte de polémica foi que ó atoparse coa prohibición de tocar en chan británico decidiran tocar na auga. O feito foi programado na semana do Jubilee da Raiña, e os Pistols alugaron un bote e tocaron en vivo seguindo a festa polo río [[Támesis]].
 
=== Never Mind the Bollocks ===
 
A finais de [[1977]] apareceu "Holidays in the sun", que chegou ó número oito, e o decisivo LP "[[Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols]]" (Impórtanos un collón, aquí están os Sex Pistols). A pesar de que Sid Vicious chegou a tocar no disco, posteriores regrabacións por Steve Jones fan imposible distingi-lo que sexa que tocara Sid. O disco foi censurado e as autoridades obrigaron a tacha-la palabra "bollocks" ("collons") da portada. Accións legais foron emprendidas en contra dos Sex Pistols polo uso ofensivo desta palabra pero os Pistols saíron victoriosos. A pesar de todo, acadou o número dous das listas.
 
=== A xira polos Estados Unidos e a separación ===
 
A continuación iniciaron unha xira polos Estados Unidos, ainda que nunca tocaron no CBGB e especializáronse máis ben en clubes de xente que puidera verse máis ofendida polo seu contido. Esta xira desembocou na separación do grupo nunha última data en [[San Francisco]], [[California]]. Johnny Rotten rematou o show decíndolle ó publico "Teño a sensación de que foron enganados".
Liña 74:
McLaren decidiu que non necesitaba a Rotten para seguir co grupo e posteriormente editáronse "No one is innocent/Mi way" (1978), "Something else/Friggin in the riggin", "Silly thing/Who killed Bambi", "C'mon everybody", "The great rock and roll swindle/Rock around the clock" (1979) e "(I'm not your) Stepping stone" (1980), así como o dobre álbum "The great rock and roll swindle", que corresponde á banda sonora da película do mesmo título que se rodou sobre eles. Sucedéronse álbums de recompilación como "Some product" (1979), "Flogging a dead horse" (1979) e "The great rock and roll swindle", máis un LP co traballo individual de Sid Vicious.
 
=== Despois dos Sex Pistols ===
 
Trala disolución, Johnny Rotten formou o grupo [[Public Image Limited]] e Sid Vicious foise a [[New York]] onde intentou facer unha carreira solista aínda que levou unha vida demasiado caótica, entre o uso de drogas e o descontrol emocional. En outubro de 1978, a súa noiva [[Nancy Spungen]] foi atopada morta no hotel Chelsea e Sid foi detido, acusado do crime. Morreu mentres estaba en liberdade condicional, a causa dunha sobredose accidental de heroína o 2 de febreiro de 1979.
 
=== O regreso ===
 
En 1996, en pleno rexurdimento comercial do punk con grupos como [[The Offspring]] e [[Green Day]], os Sex Pistols volvéronse a reunir para realizar unha xira e posterior disco. A xira, bautizada como "Filthy Lucre Live" (Xira polo lucro noxento), buscaba só sacar cartos: "se inventamos isto fai case vinte anos e agora hai tantas bandas gañando cartos á nosa conta, o mínimo é que pasemos a gorra".
Liña 86:
En 2006 foron elevados o Salón da Fama do Rock and Roll xunto a [[Blondie]], [[Black Sabbath]] e [[Miles Davis]], aínda que eles despreciaron a invitación.
 
== Discografía ==
 
=== Álbumes ===
* ''[[Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols]]'' - [[1977]]
* ''The Great Rock 'n' Roll Swindle'' - [[1978]] Banda sonora da película; póstumo
Liña 98:
* ''Spunk Remastered'' - [[2006]]
 
=== Sinxelos ===
* "Anarchy in the UK/I Wanna Be Me" - [[26 de novembro]] de [[1976]]
* "God Save The Queen/Did You No Wrong" - [[27 de maio]] de [[1977]]
Liña 105:
* "No Feelings" - [[12 de decembro]] de [[1977]]
 
== Filmografía ==
 
* The Great Rock'n'Roll Swindle - Julien Temple, 1979. (A versión da historia de McLaren)
Liña 115:
 
{{Link FA|en}}
{{Link FA|es}}
{{Link FA|it}}
 
{{Link FA|es}}
 
[[an:Sex Pistols]]
Liña 170 ⟶ 169:
[[uk:Sex Pistols]]
[[uz:Sex Pistols]]
[[zh:性手枪乐队]]