Campos do Jordão: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fr:Campos do Jordão
Sen resumo de edición
Liña 38:
 
 
'''Campos do Jordão''' é unha cidade [[turismo|turística]] con clima de [[montaña]] do [[estado de Sao Paulo]]. Fica a uns 165 km da capital, por dúas modernas estradas. No [[inverno]] é moi visitada polo seu clima, que lembra o de rexións da Suíza ou Austria (o frío pode chegar ata mesmo a -15°C en noites moi frías nas montañas veciñas). Os seus cafés, os hoteis de estilo alpino, e o seu ''Festival de Inverno'' de música erudita reciben, nesa época, milleiros de visitantes e tamén estudantes de música que buscan perfeccionárense estudando coas orquestras que se presentan no Festival.
 
Moitas persoas ricas teñen grandes mansións nos barrios densamente arborizados da cidade, que habitan na temporada de inverno. A [[clase media]] costuma transladarse por períodos máis curtos: fins de semana ou mesmo facendo unha visita de un día, apenas. Pola cantidade de visitantes pódese comparar o movemento na cidade no inverno coas cidades de [[praia]] durante os meses de verán.