Joseph Brodsky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Nacido nunha familia [[xudeu|xudía]], seu pai era fotógrafo e súa nai intérprete, asistiu á primaria ata os quince anos e logo converteuse en autodidacta. En [[1964]] acusóuselle de "''parasitismo social''" (тунеядство) e foi condenado a cinco anos de traballos forzados, pero pasou só un ano e medio nun campo penal de [[Arjanguelsk]], ata que a súa sentenza foi indultada en [[1965]]. Desde entón conservou unha actitude de discreción cara ao réxime e, aínda que nunca foi afiliado á discrepancia política que tantos intelectuais compartían, si mostrou reserva na súa relación coas autoridades [[soviético|soviéticas]], como o demostra a súa negativa a pedir visado para concorrer a un encontro internacional de poesía celebrado en [[Londres]] en [[1969]] e ao [[Festival dos Dous Mundos]] de [[Spoleto]] ([[Italia]]). En [[1972]] tivo dúas breves estadías en [[Viena]] e [[Londres]] e finalmente asentouse en [[Estados Unidos]], onde adquiriu a súa nova nacionalidade en [[1977]]. Nun dos seus poemas describe os obstáculos que atopou para plasmar as súas ideas e sentimentos en [[Lingua inglesa|inglés]], o seu novo idioma.
 
== Recoñecementos ==