Manuel María Puga Parga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Manuel María Puga y Parga; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 4:
Naceu en Santiago por estar seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o [[23 de abril]] de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.
 
Estudou dereito en [[Santiago de Compostela]] onde presentou a súa tese de grado "Fueros Nobiliaros" en [[1895]] e grazas a Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para ó que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra voltou a [[Galiza]] onde casou con María del Carmen Ramón e foi xuíz en [[Arteixo]]. Comezou a escribir no xornal ''[[El Noroeste]]'', co seudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en [[1913]] escribiu un artigo "Quiero ser concejal" e comezou unha campaña para ser elexidoelixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":
{{cita|Vós non votades pero tedes homes, fillos... a estes pedide, mandade... ata chegardes a requirir á zoca, que as coaccións na intimidade non teñen nada que ver coa lei electoral.<ref>Xosé Cermeño: Introdución a ''A cociña popular...''. páx. 15.</ref>}}
Conseguiu ser nomeado candidato e saír electo, tomando posesión do cargo o [[1 de xaneiro]] de [[1914]], e cando o alcalde Xabier Ozores Pedrosa dimitiu, foi designado alcalde en outubro dese ano, aínda que por pouco tempo: co cambio de goberno foi deposto en só dous meses. Volveu a ser alcalde co ascenso ao poder do coruñés [[Eduardo Dato]] en xullo de [[1917]]. A súa actuación durante a folga xeral do [[13 de agosto]] de 1917 levouno a ser destituído na semana seguinte e a recibir unha homenaxe de 6.000 obreiros sindicados e un pergameo asinado polas 27 sociedades obreiras coruñesas.