Diferenzas entre revisións de «José María Cuevas»

sen resumo de edición
m
Licenciouse en [[Dereito]] na [[Universidade Complutense de Madrid]] e foi diplomado en Alta Dirección de Empresa polo Instituto de Estudios Superiores da Empresa da [[Universidade de Navarra]].
 
Durante o seu periodoperíodo universitario viviu no Colexio Maior Santa María. Foi Secretario Xeral do [[Sindicato Español Universitario]] do Distrito Universitario de Madrid, con [[Rodolfo Martín Villa]] como xefe. Posteriormente ocupou o mesmo cargo na Xefatura Nacional do SEU. Estivo vinculado á [[Falange Española]], solicitando o [[estado de excepción]] nos comezos da [[transición española]] e a retirada da autonomía ás "Provincias Vascongadas".
 
A súa actividade empresarial estivo vinculada co sector do papel. Pertenceu ó consello de administración de varias industrias papeleiras, como Pultex Ibérica ou Papelera del Mediterráneo, e dirixiu o Grupo Sarrió. Dentro do seu labor no sector do papel, implicouse en 1976 no nacemento da [[Organización de Fabricantes de Pastas de Papel]]. Ademais destes cargos, foi presidente da construtora Vallehermoso e do [[Consello Superior de Cámaras de Comercio]].
 
Participou na xestación da CEOE, xunto co que sería o seu primeiro presidente, [[Carlos Ferrer Salat]]. Ocupou o posto de secretario xeral da CEOE en 1978 e foi elexidoelixido sucesor de Salat en 1984. Ocupou o cargo de presidente ata o 2007, cando foi sbustituídosubstituído, con algunha polémica,<ref>[http://www.elcorreodigital.com/vizcaya/prensa/20070214/economia_viz/cuevas-coloca-diaz-ferran_20070214.html Cuevas coloca a Díaz Ferrán á fronte da CEOE sen un respaldo unánime. elcorreodigital.com]</ref> por [[Gerardo Díaz Ferrán]], o presidente da organización patronal madrileña e da Cámara de Comercio de Madrid. Para isto, Cuevas modificou os estatutos da organización meses antes da designación do seu substituto, establecendo que a sucesión na presidencia da organización a establecesen os vicepresidentes da CEOE, e non a asemblea xeral como se viña realizando ata entón.
 
En 1977 participou nos [[pactos da Moncloa]] en representación da patronal.
Usuario anónimo