Diferenzas entre revisións de «Fía na Roca»

sen resumo de edición
(lig int)
En [[1997]] aparece o seu segundo disco, ''Agardando que pase algo'', que marcou a exportación da música do grupo para outras lugares e a súa aparición en colectáneas dedicadas á [[música celta]].
 
En [[2001]] sacaron ''Contravento'', que incorpora a nova cantora galega [[Sonia Lebedynski]], sétimo compoñente da formación. Unha produción da televisión xaponesa [[Aichi TV]] empregou este disco como banda sonora da serie baseada na obra do escritor brasileiro [[Paulo Coelho]] ''O diário de um mago'', no que se relata unha peregrinación do autor a Santiago de Compostela. Este disco foi elexidoelixido como un dos mellores discos de música galega do 2001 por diferentes medios de comunicación. Durante a xira de presentación de ''Contravento'', no verán de 2001, coinciden coa banda de Quebec La Bottine Souriante no [[Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira|Festival de Ortigueira]]. Con eles gravan o documental dirixido por [[Rénald Bellemare]] sobre a xira mundial que celebraba o 25 aniversario do grupo. No programa, emitido por Tele-Quebec en xaneiro do 2002, Sonia Lebedynski interpreta a duo un tema co cantante solista da Bottine, [[Yves Lambert]].
 
No ano 2003 Fía na roca cumpriu 10 anos de concertos en directo. Para celebralo a banda gravou o seu novo traballo ao vivo no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de decembro. No ano 2004 editouse ''Dez anos ao vivo''. Ademais, para completar a celebración, volvéronse a reeditar os tres traballos anteriores nunha nova edición remasterizada.
 
No [[2007]] editouse o seu quinto traballo discográfico chamado ''[[Vente vindo]]''. Este disco dá un golpe de timón no rumbo da banda, que despois de tres discos de estudio e un ao vivo, fundamentalmente instrumentais, apresenta por primeira vez unha maioría de pezas cantadas -todas elas en galego- e baseadas principalmente en fontes tradicionais. Coa voz de Sonia Lebedynski, Fía na roca reinvéntase sen imitar fórmulas comerciais nen estándares de éxito. Fía na roca comeza esta etapa con nova formación. Despois de sofrersufrir duasdúas sentidas ausencias –Xabier Bueno, fundador e puntal do proxecto Fía - e Cris Gándara, contrabaixista e músico de recoñecida traxectoria, o grupo renóvase coa entrada de Xabier Olite, ex-membro da [[Psicofónica de Conxo]], que se ocupa dos baixos, e Roberto Rama, procedente do mundo tradicional, que se encarga de gaitas, saxos e low whistles. Xunto con Sonia Lebedynski, Xosé Ramón Vázquez, Carlos Castro, Giao Rodrigues e Roberto Santamarina, o novo Fía fica completo, con Pablo Barreiro como técnico de son e responsabelresponsábel da gravación.
 
En 2008, co 15º aniversario, gravouse de novo no Teatro Principal de Compostela un concerto, editado en DVD baixo o título de ''Quince maios'' e que aspira a ser unha instantánea do grupo despois de todos estes anos, un reflexo do estado actual de Fía na roca. Ao mesmo tempo, continúa a proxección internacional da banda con concertos en FranzaFrancia, ItáliaItalia e Alemaña e mesmo Sudamérica, cunha recente xira por Arxentina e Uruguai.
 
==Discografía==
*''[[Fía na roca (disco)|Fía na roca]]'' (1993).
*''[[Agardando que pase algo]]'' (1997).
*''[[Contravento]]'' (2001).
*''[[Dez anos ao vivo]]'' (2004).
*''[[Vente vindo]]'' (2007).
*''[[15 maios]]'' (2009).
 
==Véxase tamén==
Usuario anónimo