Johán Carballeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
Sobre os primeiros anos das súa vida son aínda escasos os datos que se posúen. Era fillo de José Juan Gómez del Campo, natural da [[Póboa do Caramiñal]], e de Rolendis de la Cueva García, veciña de [[Bueu]]. A familia, á que pouco e pouco irán sumándoselle fillos até chegar aos seis, trasladouse a Bueu arredor do ano [[1915]].
 
Estudou o [[bacharelato]] no colexio [[Maristas]] de Vigo e no Samaniego de [[Santiago de Compostela|Compostela]]; posteriormente, había facer aindaaínda tres anos de [[tenedor de libros]] en [[Madrid]].
 
==Xornalista==
A dimensión pública de José Gómez de la Cueva iniciouse en [[1923]], a través das páxinas literarias de ''[[Faro de Vigo]]'', onde apareceron os seus poemas e narracións en español de estilo [[modernismo|modernista]], que delatan aínda a falta de madurez do escritor. Nos anos 26 e 27 a suasúa sinatura aparece en duasdúas importantes revistas da época: na viguesa ''[[Vida Gallega]]'' e en ''[[Céltiga]]'', o voceiro da colectividade galega en América, onde aparecerán os seus textos.
 
A partir de [[1927]], co pseudónimo de "Johán Carballeira", iniciou a súas colaboracións con ''[[El Pueblo Gallego]]'' como correspondente do xornal en Bueu. Este mesmo ano iniciou a suasúa amizade cos poetas e intelectuais mozos da [[Xeración de Vangarda]]: [[Rafael Dieste]] -redactor xefe do xornal-, [[Augusto Casas]], [[Correa Calderón]], [[Fernández Mazas]], [[Santiso Girón]], [[Bal y Gay]], etc., colaboradores asiduos de ''El Pueblo Gallego'' e moitos hoxe inmerecidamente esquecidos.
En [[1929]], despois de que as súas colaboracións fosen facéndose máis numerosas en seccións fixas, entrou a formar parte da redacción, iniciando unha carreira periodística que o converteu ao pouco tempo no xornalista mozo máis importante da época.
 
En 1929 aparece entre os fundadores dunha nova revista viguesa, ''[[Gaceta de Galicia]]'', aínda que o seu labor fundamental seguía a estar en ''El Pueblo Gallego'', onde se ocupaba das entrevistas, xénero xornalístico daquela novo en Galicia e do que o escritor foi o verdadeiro iniciador. Merecen ser destacadas as entrevistas a [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Margarita Xirgu]] ou [[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]]. Foron célebresfamosas tamén as súas reportaxes (outro xénero inusualinusitado na Galicia da época). E, igualmente, o seu nome apareceu en moitísimos artigos de crítica literaria.
 
A súa sona xornalística chegou a toda España, e a partir de [[1933]] apareceu como colaborador dor xornais madrileños ''Luz'' e ''Ahora'', e na revista ''Estampa''. En [[1935]] era coñecido como o xornalista galego en activo máis importante da época.
Liña 20:
Carballeira segue a ser hoxe en día un dos esquecidos da "Xeración galega de vangarda". A pesar do prestixio do seu nome e a obra na primeira metade dos 30, na actualidade é máis o que descoñecemos del que o coñecido. As causas son moitas: a adhesión á República e ó [[Galeguismo (política)|galeguismo]], a oposición ao [[Alzamento Nacional|levantamento militar de 1936]], o seu xuízo e fusilamento, a dispersión da súa obra literaria, que nunca chegou a recollerse en libro e o carácter efémero do núcleo máis numeroso do seu labor, o traballo periodístico.
 
En [[1926]] comezaron a aparecer os seus poemas nos xornais. En [[1928]] encontramos os primeiros indicios de que está traballando nun libro de poemas, ''Cartafol'', que continuaría nos anos seguintes, aindaaínda que nunca chegou a publicarse.
 
==Alcalde==
Coa proclamación da República en [[1931]], a xeración de Carballeira e el mesmo verán cumpridos parte dos seus ideais. Aínda que manifesta a súa adhesión ao [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] xa desde a súa fundación (decembro do 31), non ocupará cargos de responsabilidade ata que é elexidoelixido Secretario da Agrupación Local do P.G. en Bueu en [[1934]].
 
En abril de [[1935]] entrou a formar parte da dirección do Partido Galeguista e o seu nome figura entre os máis votados nas eleccións internas de candidatos para aparecer nas listas da [[Fronte Popular]] ás eleccións a Cortes (febreiro de 1936), pero finalmente non formará parte da candidatura. Isto é só o indicio da grande popularidade de Carballeira.
Liña 31:
A intervención pública e directa na política non se produciu ata marzo de 1936, cando, tras a vitoria da Fronte Popular e a disolución dos concellos, foi nomeado alcalde de Bueu.
 
A súa presenza na alcaldía foi breve, pero aínda así permitiulle actuacións aínda hoxe lembradas entre os máis vellos: grazas as súas xestións diante dos mariñeiros, conserveiros e concellos do litoral, logrou que se establecese un prezo múnimomínimo para a sardiña, un dos problemas máis graves cos que se enfrentabaenfrontaba a xente do mar daquela. Esta actuación deu lugar a que no día anterior ao levantamento militar se lle rendese unha homenaxe en Bueu por parte de mariñeiros e armadores.
 
Non se sabe exactamente a data da súa detención (debeu ser en agosto do 36). O xuízo non se produciu ate o [[29 de decembro]] dese ano, en que compareceu en [[consello de guerra]] ante o [[tribunal militar]] de Pontevedra xunto con dezaoito veciños máis de Bueu. Ó día seguinte, foron todos condenados a [[pena de morte|morte]] agás un; a condena sería conmutada mais tarde a algúns deles pola de cadena[[cadea perpetua]].
 
A sentenza de Carballeira tardou aínda en cumprirse; o escritor pasou os meses seguintes no lazareto da [[Illa de San Simón]], onde estiveron outros destacados intelectuais republicanos. A sentenza executouse o [[17 de abril]] de [[1937]], a primeiras horas da mañá, na [[A Caeira, San Salvador de Poio, Poio|Caeira]]. O seu corpo foi enterrado nunha foxa común do camposanto de San Amaro.