Diferenzas entre revisións de «Adalberto Libera»

sen resumo de edición
m (Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:')
Adalberto Libera nace en Villa Lagarina, no norte de Italia. Ao estourar a [[Primeira Guerra Mundial]] trasladouse a [[Parma]]. En [[1925]], despois de estudar [[matemática]]s e [[arte]], inscríbese na Escola Rexia de Arquitectura de [[Roma]]. Graduouse en 1928 na ''Scuola Superiore di Architettura'' de Roma. Tomou coñecementos do [[futurismo]] a través do seu compatriota trentino [[Fortunato Depero]]. Incluso antes de graduarse era xa un dos fundadores do M.I.A.R. («Movimento Italiano per l'Architettura Razionale»). Con sede en Roma, o [[MIAR]] foi unha organización rival do «Gruppo Sette» (Grupo 7), que tiña a súa sede en Milán e Como. Foi convidado por [[Ludwig Mies van der Rohe]] á [[Exposición de Stuttgart de 1927]] («Werkbund»).
 
Preparado para ser un dos maiores partidarios e intérpretes do [[racionalismo]], será promotor das exposicións MIAR de «Arquitectura Racional» ([[1928]] e [[1931]]); entre [[1930]] e [[1932]] foi elexidoelixido secretario nacional do [[MIAR]].
 
A través de [[Gino Pollini]] entra en contacto co "Grupo 7", no que ingresa como membro.
 
Un arquitecto creativo extremadamente capaz e con talento, estivo máis influído polo futurismo que polo racionalismo, e foi politicamente astuto. A súa actividade como fundador e secretario do MIAR permitiulle estabelecer unha relación de traballo moi estreita cos altos cargos do [[réxime fascista]] en Roma, onde se tomaban todas as grandes decisións sobre os programas de construción pública, e que eran responsables do encargo de centos de novos edificios públicos requeridosrequiridos nos programas de modernización de [[Mussolini]]. Grazas a estas conexións tivo unha prolífica carreira durante o réxime fascista e deseñou moitos edificios destacados durante os [[anos 1930]], algúns dos cales son obras mestras do movemento moderno internacional. Participou no gran concurso do réxime, o E42. No mesmo tempo, proxecta algunha das súas obras máis notables, como a Vila [[Curzio Malaparte|Malaparte]] na illa de [[Capri]], aínda que hai unha continuada controversia sobre se o propio Malaparte foi o principal deseñador. Uno dos edificios máis importantes é o ''Palazzo dei Congressi'' (Pazo de Congresos) na [[Esposizione Universale Roma|EUR]] de Roma.
 
Durante o período fascista, todos os arquitectos estaban legalmente obrigados a unirse ao partido; pero os de máis éxito foron máis alá e convertéronse en importantes membros do partido. Como os seus contemporáneos [[Giuseppe Pagano]] e [[Giuseppe Terragni]], o bo fado de Libera neste período debeuse ás súas estreitas relacións co partido.
 
==Obras principais==
* Palacio de Congresos na [[Esposizione Universale Roma|EUR]] (anos trinta).
* Oficina de correos da via Marmorata en Roma (1932).
* Villa Malaparte en Capri (1938).
* Unidades de vivenda en [[Cagliari]] (1950-53) .
 
== Ligazóns externas ==
{{commons|Adalberto Libera}}
* [http://www.darc.beniculturali.it/sitonew/ita/mostra/presentazione.html Adalberto Libera en DARC] {{it}}
* [http://archnet.org/library/documents/one-document.tcl?document_id=4943 O «clima mediterráneo» de Adalberto Libera: dun problema de estilo a unjaunha categoría de aloxamento], por F. Garofalo en ''Environmental Design: Journal of the Islamic Environmental Design Research Centre (1990): 10-17'' {{en}}
* [http://housingprototypes.org/project?File_No=ITA005 Villa Olímpica de Roma (1960) por A. Libera] {{en}}
[[Categoría:Arquitectos de Italia do século XX]]
Usuario anónimo