Diferenzas entre revisións de «Ángel Pestaña»

sen resumo de edición
m (bot Engadido: fr:Ángel Pestaña; cambios estética)
[[Ficheiro:AngelPestanya.png|thumb|Ángel Pestaña]]
''' Ángel Pestaña''', nado en Santo Tomás de Ollas, [[Ponferrada]], [[Provincia de León|León]], o [[14 de febreiro]] de [[1886]] e finado en [[Barcelona]] o [[11 de decembro]] de [[1937]], foi un [[Anarcosindicalismo|anarcosindicalista]] e posteriormente Deputado ás Cortes.
 
Orfo de pai desde moi novo, e sen chegar a coñecer á súa nai, viuse na obriga de gañarse a vida desde moi pequeno como reloxeiro. Con quince anos foi encarcerado durante tres meses en [[Sestao]] por unhas declaracións espontáneas nun mitin.
 
Tras viaxar polo norte de [[África]] e [[Francia]], Pestaña estableceuse en [[Cataluña]], converténdose nun activista [[anarquismo|anarquista]] local. Participou no congreso da [[Confederación Nacional do Traballo]] de 1918, sendo elexidoelixido por unanimidade como o redactor-xefe de ''[[Solidaritat Obrera (periódico)|Solidaritat Obrera]]'', periódico da organización. Baixo a súa dirección, o periódico fixo unha campaña moi ofensiva contra a forza local da policía, acusando ó seu líder de estar a soldo da [[Imperio Alemán|Alemaña imperial]].
 
O 2 de abril de 1919, despois de que as [[folga de La Canadiense|protestas de La Canadiense]] sacudisen Cataluña, foi arrestado e detido e o periódico prohibido. Foi á [[Rusia]] [[bolxevique]] en marzo de 1920, para presentarse na [[Segunda Internacional]] e nas sesións preliminares da [[Internacional Sindical Vermella]], coñecendo a [[Lenin]], [[Lev Trotski|Trotski]], [[Grigory Zinoviev]], [[Karl Radek]] e outros líderes bolxeviques. Ó regreso foi detido outra vez.
 
Xunto ó seu mentor [[Salvador Seguí]], Pestaña opúxose ós actos [[terrorismo|terroristas]] defendidos e realizados por outros membros da CNT. En agosto de 1922 foi vítima dun intento de asasinato mentrasmentres daba un discurso en [[Manresa]], como parte das medidas de represión violenta tomadas polas autoridades españolas. A indignación que causou a través de España a noticia deste feito provocou a destitución de varios cargos gubernamentaisgobernamentais, así como a fin da lexislación que validara o asasinato de activistas [[sindicato|sindicalistas]].
 
Despois de que Seguí caera vítima dun asesinatoasasinato, Pestaña seguiu sendo a principal figura da CNT moderada. Esta postura fixo que se opuxera, xunto a [[Joan Peiró]], a tódolos intentos por parte da [[Federación Anarquista Ibérica|FAI]] (fundada en 1927) de controlar a CNT durante a dictaduraditadura de [[Miguel Primo de Rivera]].
 
Despois da proclamación da [[Segunda República]] en 1931, o conflito entre Pestaña e a FAI profundizouse: Pestaña iniciou a aplicación do [[Manifesto dos Trinta]], unha condena clara das tácticas da FAI, co que conseguiu ser expulsado da CNT en agosto. Fundou o [[Partido Sindicalista]] a finais de 1932.
 
O partido adheriuse á [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], e Pestaña foi elexidoelixido para as [[Cortes Xerais]] nunha plataforma de fronte en 1936, como un dos dous representantes do partido (obtivo un escano por [[Provincia de Cádiz|Cádiz]]). En outubro, xa iniciada a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], foi designado subcomisionado xeral para a guerra, pero tivo que dimitir por motivos de saúde en decembro. Morreu pouco despois, desintegrándose axiña o seu partido.
 
== Obra ==
Usuario anónimo