Vince Carter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 28:
 
== Inicios ==
Vince foi o primeiro dos dous nenos que tiveron Michelle, e Vince Carter. Michelle foi profesora, do mesmo xeito que o padrasto do pequeno Carter, Harry Robinson. O pai biolóxico de Carter, Vince Sr., abandonou á súa familia cando Vince estaba en seguno grao. A familia de Carter estivo en contacto máis tarde con Vince Sr., pero Vince Carter considera a Harry como o seu verdadeiro pai.<ref name="jock">[http://www.jockbio.com/biosBios/carterCarter/carter_bioCarter_bio.html Vince Carter Biography]</ref> Vince comezou a xogar ao baloncesto á idade de dous anos. Estaba obsesionado co xogo e pronto adquiriu un ídolo en quen fixarse, [[Julius Erving]]. Carter ficou marabillado coa habilidade para voar que posuía o "[[Dr.J]]" e de aí comezou a imitar as súas xogadas no playground. Os seus movementos eran tan salvaxes que os seus amigos lle alcumaron "UFO" (Obxecto voador non identificado).<ref name="jock" />
 
Pero os pais de Vince non querían que centrase todo o seu tempo no baloncesto e buscaron para el outros pasatempos para desenvolver a súa creatividade. Harry foi líder dun grupo musical e introduciu a Vince a tocar o [[saxofón]], a [[trompeta]] e o [[tambor]]. Vince pasaba incontables horas nas canchas de baloncesto de [[Daytona Beach]], onde o mate era un factor fundamental na cultura do playground. Carter dominábao e por iso sempre xogaba con mozos maiores que el. O seu tío, Oliver Lee, tivo bastante que ver no desenvolvemento de Vince en todas as facetas do xogo. Lee foi unha estrela da [[Marquette Golden Eagles|Universidade de Marquette]], e foi elixido por [[Chicago Bulls]] no [[Draft da NBA]] de [[1981]], pero nunca xogaría na [[NBA]], asi que regresou a Daytona Beach, onde a súa lenda creceu no playground.<ref name="jock" /> Os pais de Vince vían ben que xogase ao baloncesto, mais só se iso non supuña descoidar a súa educación. De modo que Vince Carter ingresou no Mainland High School, onde tamén estudou [[Denzel Washington]].